O martes 24 de novembro alumnos de 2 e 3 da ESO visitaron a Ría do Burgo para iniciarse na observación de aves acuáticas.
No mes de novembro o alumnado de segundo curso e terceiro, acompañados polos profesores Matías Cuba, Eduardo Álvarez, Marta Penalonga e Patricia M. Leyenda, pasaron a Ponte do Pasaxe para iniciarse na observación das aves.
Xa no paseo marítimo de Fonteculler fixéronse tres paradas. Na primeira, comentouse como se facía un caderno de campo e explicouse o funcionamento das mareas. Na segunda, diferenciáronse as especies de gaivotas máis comúns que se atopan na ría. Na última, foi a mais intensa, posto que se indicou como se debuxaban as aves no campo, as características nas que hai que fixarse para a súa identificación. Coa axuda dun telescopio, púidose observar máis de dez especies distintas.
Algunhas das aves observadas foron: garza real, garceta común, cormorán grande, correlimos, andarrios, volvepedras, zarapitos e cisnes. Incluso tívose a posibilidade de descubrir unha rareza dentro da ría, a alca común.
O alumnado saliu moi satisfeito da experiencia e con gran cantidade de información para os cadernos de campo.