Recital-Homenaxe a Miguel Hernández no centenario do seu nacemento.

cartel
cartel

No salón de actos do Instituto celebrouse o 29 de Novembro o Recital poético en homenaxe a Miguel Hernández.

O poeta nacido en Orihuela hay cen anos, fillo de labregos, desempeñou, entre outros oficios, o de pastor de cabras. Iniciouse na poesía desde moi novo e publicou o seu primeiro libro «Perito en lunas» en 1933, a súa experiencia amorosa nola mostra en «El rayo que no cesa». Durante a Guerra civil militou moi activamente no bando republicano como Comisario de Cultura. Ao remate do conflito foi encarcerado e condenado á morte. Antes de morrer, enfermo e detido, publicou a súa última obra, «Cancionero y romancero de ausencias». Faleceu en 1942 a causa da tuberculose contraida na cadea.

No recital participou alumnado de todos os cursos: Ricardo Águila Hidalgo, Jacobo Machiavello, Antía López Mosteiro, Macarena Farías, Bárbara Rodríguez Gil, Lidia Sotorríos, Iván Canosa, Carmen Villar, Jennifer Seoane, Alex López Carballeira, Silvana Becerra Paz e Izan Vázquez Seoane.

Foi un gran éxito pola gran participación de alumnos e alumnas e polo interese do público.

Teatro para o alumnado de Bacharelato: “A caverna de Platón“

O alumnado Bacharelato tivo ocasión de asistir a unha performance realizada polo grupo teatro Oteatrodoresoante, actividade organizada polo Departamento de Filosofía do noso centro en colaboración co concello de Oleiros.

O día vintecatro de Novembro e acompañados polo profesores de Filosofía: José López Couce e Fernando Vidal Meijón, puído o alumnado introducirse no mito da Caverna de Platón a través dunha montaxe que pretende trasladar o mito clásico á actualidade relacionando os homes de hoxendía cos medio de comunicación así como os prisioneiros da cova en relación coas sombras.

Tamén houbo unha interacción entres os actores e o público separando o escenario do patio de butacas e incorporando os espectadores na obra á maneira do teatro de participación.