O alumnado de terceiro da ESO do IESP “Neira Vilas” xunto con seus profesores asistirán á terceira mobilidade do proxecto Comenius “We are what we eat” a celebrar en Royan (Francia) xunto co grupo de Krasnick (Polonia) e o grupo de alumnos de Lucera (Italia) onde desenvolverán as actividades de traballo conxunto que levan realizando ó longo deste dous cursos académicos.
Os alumnos de obradoiro de iniciativas emprendedoras de 3º e 4º de ESO e os de economía de 1º e 2º de Bacharelato visitaron o día 23 de outubro a factoría de Begano (Palavea – A Coruña) co fin de coñecer o traballo da fábrica coas liñas de produción dos diversos productos Coca-Cola e envasado dos mesmos.
O grupo estivo acompañado por Begoña López, profesora responsable de ambas marterias, e Jorge C. Calle, do departamento de xeografía e historia.
Alumnas e alumnos do IESP Neira Vilas (Oleiros, A Coruña) e do IES Monte Neme (Carballo, A Coruña) participarán nun intercambio de estudos co Collège Notre Dame Le Ménimur (Vannes, Francia) dentro do Proxecto Comenius Regio. Partindo da iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e O.U. da Xunta de Galicia participan tamén no proxecto a APFG (Asociación de Profesores de Francés de Galicia), a Mairie de Vannes (Concello de Vannes)e o Comité Bretagne Galice.