VIº Intercambio Escolar I.E.S.P. Xosé Neira Vilas de Oleiros-Collège Notre Dame Le Menimur Skolaj Diwan Ar Mor-Bihan de Vannes
O proximo xoves 22 de maio chegarán a Oleiros 30 alumnas e alumnos dos colexios, Collège Notre Dame Le Menimur et Skolaj Diwan Ar Mor-Bihan de Vannes.
Virán acompañados de dúas profesoras, unha delas xa moi coñecida entre nos a profesora Catherine Le Blay. Coma sempre teñen unha axenda moi apertada e aproveitarán para visitar A Coruña, Santiago de Compostela, as Rias Baixas e aproveitarán para acercarse a Portugal; teremos o sábado 24 a tradicional “Cea da Amizade “ no Centro Cívico de Santalla – Santa Cruz que o Concello de Oleiros nos cede habitualmente. O regreso a Francia está previsto para o día 30 deste mes.
O pasado venres, 16 de maio de 2014, o Equipo de Convivencia e Mediación realizou unha visita ao Monte de San Pedro en A Coruña.
Foi unha xornada de convivencia na que tivemos a oportunidade de visitar un antigo escenario bélico, hoxe reconvertido felizmente en parque urbano, e na que aproveitamos para facer adestramento en técnicas de mediación escolar.
O adestramento consistíu na realización, mediante dramatización, dun suposto de conflito entre alumnos. Os membros do equipo distribuíronse en cinco pequenos grupos nos que algúns alumnos tiñan o rol de persoa en conflito, outros de mediadores e outros máis de observadores do proceso.
Rematouse a actividade cunha posta en común na que intentamos sacar conclusións para mellorar a nosa actividade como mediadores.
Despois do adestramento tivemos a oportunidade de dar un paseo polo fermoso parque do Monte de San Pedro, visitando o Mirador, o Laberinto Inglés e o parque de xogos.
Foi, a pesar do vento, un estupendo día de sol no que salientou a boa convivencia, a colaboración do alumnado e as impresionantes vistas da cidade e da bahía.
Ao pe do cañón
Organizando
Entrenándonos para que o canón do fondo siga sendo un adorno
“As fontes orais: A biografía como método de traballo na aula” foi o título da conferencia impartida na facultade de Pedagoxía polas alumnas Marleni Martínez de Jesús de 2º curso de ESO e Andrea Ares Montes de 4º xunto coa profesora de Historia Carmen García-Rodeja Arribí. A conferencia foi presentada pola decana da Facultade.
Charla na Facultade de Pedagoxía
Charla na Facultade de Pedagoxía
Charla na Facultade de Pedagoxía
Charla na Facultade de Pedagoxía
Charla na Facultade de Pedagoxía
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)