A primeira representación ofertada en QUE ESPECTÁCULO tivo lugar no Teatro Rosalía Castro de A Coruña, o día 10 de outubro, ás 20.30 h. Un total de 26 alumnos do primeiro ciclo da ESO asistiron á representación de En un lugar del Quijote pola compañía Ron Lalá.
Antes da representación foron recibidospolo director do Teatro que fixo unha breve presentación deste histórico espazo e do espectáculo que ian ver a continuación. Seguidamente poideron departir uns minutos con parte do elenco e facer unhas fotografías de recordo.
O Ministerio do Interior, a través do Corpo da Garda Civil, e dentro do PLAN DE CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR imparte unha serie de charlas dirixidas ás familias e alumnado. O calendario de actuacións no noso Centro é o que se recolle no cartel.
Ponse en marcha no instituto o programa QUE ESPECTÁCULO! Grazas a el, o alumnado do noso centro poderá asistir a diversos espectáculos de artes escénicas e musicais en funcións para público xeral e, polo tanto, fóra do horario lectivo.
Os obxectivos desde programa son, por unha parte, facer posible que podan contemplar representacións e concertos excepcionais que, sen lugar a dúbidas, deixarán pegada na súa memoria e contribuirán a completar a súa formación. Por outra banda, e tamén importante, terán a posibilidade de ampliar o seu mundo de relacións, compartindo cos seus compañeiros experiencias en ámbitos que poden resultar máis ou menos novidosos para eles.
A asistencia a cada función será en grupo acompañados por profesorado do centro. O desprazamento farase en autobús pero os que o desexen poderán trasladarse pola súa conta.