Taller de gravado no Museo de BBAA

O alumnado de cuarto acudiu o día 19 de Decembro ao museo de BBAA da Coruña para profundar na obra de Goya e para participar nun taller de gravado, tamén foi aproveitada a visita para ver as obras contemporáneas alí exportas. Foi organizado polo Departamento de Xeografía e Historia e acompañados polos profesores Xosé Antón García e Carmen Rodeja.


Inmersión lingüística nos Peares

peares_3 Durante o mes de novembro o alumnado de terceiro curso da ESO do noso centro tivo a oportunidade de pasar unha semana no lugar de Os Peares nun campamento lúdico e participativo co obxectivo de mellorar o nivel de inglés.

A actividade foi enormemente proveitosa xa que “foi posible pasalo ben e aprender á vez”. Transcurríu  unha semana no campamento en réxime de internado con monitores nativos de Australia e Reino Unido,

Polas mañás as actividades eran de medio ambiente, con talleres de reciclaxe ou charlas sobre animais en extinción, despois xogos. Pasado o xantar, e despois dun tempiño de lecer, a preparación da presentación oral dun tema para expoñer en público. Pola noite, despois da cea e das duchas, eran as  actividades lúdicas con discoteca, karaoke, ou xogos da “noite misteriosa” ou “busca do tesouro”.

Considera o alumnado unha experiencia inesquecible na que se fixeron amigos e perfeccionaron a fluidez na fala do inglés. Destacan tamén a profesionalidade dos  monitores e a rapidez coa que pasou o tempo. A todos lles gustaría repetir.

Novos mediadores do Neira Vilas

Dende o pasado mércores 5 de novembro ata o 10 de decembro desenvolveuse no centro cultural A Fábrica de Perillo un novo Obradoiro de Formación en Mediación Escolar.

Este obradoiro está promovido polo concello de Oleiros e contou con 12 horas de formación que foron impartidas todos os mércores de 16:30 a 18:30.

Neste curso formáronse 16 novos mediadores, 12 de primeiro de ESO e 4 de segundo de ESO. Un gran éxito de convocatoria. Os novos mediadores xa forman parte do Equipo de Convivencia e Mediación.

Parabéns a todos e o noso agradecemento a Octavio, que impartiu a Formación, e á Concellería de Cultura do Concello de Oleiros, que nos apoia neste proxecto e nos axuda a mantelo vivo.

#Igualágrimas

10 de decembro de 2014. Salón de Actos do IESP Xosé Neira Vilas. O Día Internacional dos Dereitos Humáns conmemórase no noso centro educativo cunha lembranza cara aos ¿desaparecidos? de Ayotzinapa -unha escola de mestres de Iguala-, México, hai meses. As primeiras análises de restos humanos dun vertedoiro conclúen que un dos 43 foi atopado alí.

O curso académico anterior, varios alumnos mexicanos -todos eles futbolistas de pro- estiveron connosco. Por iso esta é unha ocasión para lembralos na distancia, igual que eles nos lembran a nós. E aí está Sergio co seu contrabaixo; están Antón e Rodrigo evocando a Lennon, a Pink Floyd; velaí está o alumnado de 1º ESO pregoando o dereito á educación de todos os seres humáns; velaí as nosas lembranzas neste día, con poemas dun mexicano ilustre como Octavio Paz (lidos por Daniel, Iago, Orleni e Sara), e alocucións incluídas. #Igualágrimas é unha performance coa intención de que lembremos que hai moitos xeitos de aprender. Grazas a tod@s por facela posible, en especial grazas a Isabel e Fernando!

Obradoiro de estarcido

O Proxecto de Desenvolvemento Creativo do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa trouxo ao noso instituto ao artista plástico Nine que desenvolveu un obradoiro de iniciación ao estarcido co alumnado de 1º da ESO.

Cada un dos dous grupos tivo unha sesión de traballo de tres horas os días 24 e 27 de novembro, respectivamente. Nesa sesión recibiron unha introducción a esta técnica milenaria que permite plasmar calquiera imaxe en calqueira superficie.

Iniciación á técnica do estarcido

Estarcido_1O alumnado de 1º da ESO tivo a oportunidade de participar nunha sesión de traballo co artista Nin9 dentro do programa do Museo de Arte Contemporáneo.

Na sesión fíxose unha introdución á técnica do estarcido que permite plasmar calquera imaxe recollida nunha plantilla a todo tipo de superficies ou obxectos (decoración, rotulación, camisetas, …).

As sesións tiveron lugar os días 24 e 27 de novembro e nelas os alumnos e alumnas participantes puideron manifestar a súa creatividade con esta técnica milenaria.