“O balonmán é duro pero bonito”
Bruno Bargo López, porteiro, “e con moitos balonazos na cara” ten dezaseis anos, cursa cuarto de ESO e está no equipo de balonmán de Oleiros, o su equipo gañou a liga de A Coruña, a provincial. Van xogar o campionato galego e quizás o nacional.
“Nunca, nunca hai que desistir”
-¿Canto tempo levas xogando?
– Cinco anos e levo catro de porteiro. Con moitos balonazos na cara.
-¿Por qué empezaches?
– Quería un deporte máis entretido co fútbol que é o que monopoliza. O fútbol é máis pesado non hai tanto goles nin tanta emoción.
-¿Cómo foron os primeiros días?
– O primeiro día rompéronme as gafas dun balonazo.
-¿E desistiches?
-Nunca, nunca hai que desistir
-¿Cómo estamos de instalacións?
-Bastante ben, o Valle Inclán é un pavillón bastante cómodo pero en comparación con outras instalacións de Coruña non é tan bon. Aproveito para pedir un novo solo para o pavillón do Valle Inclán, é de goma e se caes queimas as xeonllos.
– ¿Hai máis mozos que mozas?
– Hai máis mozos porque as nenas non se animan.
-¿Por qué?
-E moi duro porque é un deporte de contacto.
– ¿Debería haber equipos mixtos?
– Non, o polo tamaño dos homes, son máis anchos de espaldas e son máis brutos.
-¿Por que son tan feos os uniformes?
– O noso é bonito , é azul e branco.
-¿E caro o equipamento?
-Regáloo o equipo, nos temos que pagar dezaoito euros ó mes e con eso pagamos todo, a roupa, os desprazamentos e todo o demais.
-¿Non tedes patrocinador?
Non , só algunhas axudiñas.
-Dinos un slogan para animar a xogar ó balonmán.
– E duro pero bonito
CGR Maio, 2008