Ética e cidadanía, os comezos da filosofía
Entrevista feita por Antía López Mosteiro e Sara Sequeiros Fernández [4ºA ESO]
¿En que consiste a educación á cidadanía?A educación para a cidadanía e unha materia nova que se introduciu no sistema educativo despois da ultima lei do PSOE, e supostamente pretende cubrir a eses niveis de primeiro ou segundo ciclo de secundaria -xa que hai algunhas comunidades autónomas en España nas que esta materia se imparte en terceiro da ESO- unha serie de contidos que non estaban cubertos, contidos como que son os dereitos humanos, a constitución española, a democracia, cales son os recursos que nos da a democracia para poder exercer como cidadáns, etc.
¿E, dende o seu punto de vista, é bo estudala?Non é nin bo nin malo, estaría mellor se iso se exercese. Se nos Institutos se aplicase máis.
¿Para que serve?Serve para coñecer mellor as cousas, como cando mercas un aparello electrónico e lees as instrucións dun aparello que acabas de mercar. É unha maneira de coñecer eses recursos que a sociedade che ofrece para poder ser cidadán libre e poder facer o que queres facer.
¿Que é a ética?A ética é unha reflexión racional sobre a conduta, coa idea de intentar pensar a mellor maneira de ser felices, si é que se pode pensar iso e si é que hai algún recurso racional que nos permita tomar decisión nunha dirección ou noutra.
¿Para que serve a educación ética-cívica?A verdade é que é pouco tempo ó que se lle adica porque é unha hora semanal, pero debería de servir para facer un exercicio practico de manexo de criterios racionais para reflexionar sobre o que facemos. Cuestionarnos o que facemos, fago isto, por que?
Antes relacionábase a ética coa relixión, ¿Hoxe en día, que relación teñen?A ética e a relixión van collidas da man. Porque a relixión tamén pretende establecer criterios para vivir. A diferenza é que a ética pretende que ti reflexiones como ser feliz e como vivir sen deus.
¿Qué se estuda na ética?Estúdase elementos necesarios para poder construír elementos racionais sobre a conduta, diferentes elementos que constitúen a moralidade humana (responsabilidade, liberdade…) algún tipo de propostas para ser feliz que fixeron filósofos ao longo da historia. Reflexións sobre os dereitos humanos, feminismo, pacifismo, ecoloxismos…
O obxectivo é poder reflexionar sobre o que fas dende as claves dos distintos puntos de vista.
¿Esta materia esta encamiñada cara a filosofía?Si, porque de algunha maneira si es quen de establecer un discurso racional sobre o que fas, estarás preparado para discutir sobre outros temas máis abstractos como que é a verdade e qué é a mentira e moitos outros temas…
Moitas gracias