Club de lectura. Actividades da 2ª avaliación
Co 2º trimestre rematado, o Club de Lectura do IES Xosé Neira Vilas quere mostrar unha das actividades celebradas: o Concurso de Microrrelatos Amor, ou non, en 100 palabras, realizada en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Aquí podedes ver o cartel que convocaba o acto cultural e as bases que seguiron os membros da comunidade educativa para participar, que se achega tamén por se outros centros o quere utilizar.
Finalmente, podedes ler a acta do xurado, na cal se recollen os criterios literarios que seguiu para escoller o texto gañador, e os tres accésit que decidiu conceder. E, por suposto, eses catro textos gañadores.
Parabéns ao alumno gañador e aos participantes merecentes desa mención especial do xurado. E tamén a toda a comunidade educativa pola boa acollida desta dinámica de escrita literaria.