Xosé Neira Vilas, o gran escritor galego e persoa que da a seu nome ao noso instituto, visitounos o día 31 de outubro acompañado de Valentín García, Director Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e Angel García Seoane, Alcalde de Oleiros.
Á chegada ao centro, foi recibido por Agustín Fernández, Director do Instituto, e unha representación dos delegados do alumnado que lle deu a benvida e lle entregou un ramo de flores. A continuación Neira Vilas mostroulle ao Director Xeral o fondo editorial que se leva xuntado no Instituto, con practicamente todas as edicións dos seus libros, así como os paneis que recollen unha breve reseña da súa biografía.
Seguidamente asinou dedicatorios para os diversos grupos de alumnos que llo pediron e compartiu uns minutos co profesorado e persoal non docente.
Como remate da mañá, Neira Vilas trasladouse ao Centro Cultural A Fábrica onde mantivo un encontro co alumnado de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato para lles presentar a exposición “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun Neno Labrego”, organizada