![charla na Facultade de Pedagoxía](http://www.iesneiravilas.es/arquivo/wp-content/uploads/2014/10/charla_pedagoxia_5-284x300.jpg)
“As fontes orais: A biografía como método de traballo na aula” foi o título da conferencia impartida na facultade de Pedagoxía polas alumnas Marleni Martínez de Jesús de 2º curso de ESO e Andrea Ares Montes de 4º xunto coa profesora de Historia Carmen García-Rodeja Arribí. A conferencia foi presentada pola decana da Facultade.