O proximo xoves 22 de maio chegarán a Oleiros 30 alumnas e alumnos dos colexios, Collège Notre Dame Le Menimur et Skolaj Diwan Ar Mor-Bihan de Vannes.
Virán acompañados de dúas profesoras, unha delas xa moi coñecida entre nos a profesora Catherine Le Blay. Coma sempre teñen unha axenda moi apertada e aproveitarán para visitar A Coruña, Santiago de Compostela, as Rias Baixas e aproveitarán para acercarse a Portugal; teremos o sábado 24 a tradicional “Cea da Amizade “ no Centro Cívico de Santalla – Santa Cruz que o Concello de Oleiros nos cede habitualmente. O regreso a Francia está previsto para o día 30 deste mes.