![O IES "Neira Vilas participou no proxecto "Découvrez la Galice" en Vannes (Francia)](http://www.iesneiravilas.es/arquivo/wp-content/uploads/2014/10/galicia_bretagne_fev14_2-300x212.jpg)
A participación nas xornadas “Découvrez la Galice” realizado na cidade de Vannes o día 25 de febreiro, ten como obxectivo dar a coñecer a realidade cultural de Galicia. Participaron, por parte do IES”Neira Vilas” os profesores Pilar Morandeira, Juan Santamaría e Carlos Vidal e por parte de Vannes o Concello de dita cidade, o Instituto Notre Dame le Meninur” e a Agrupación Galicia-Bretaña. Esta actividade está dentro do marco do Proxecto Comenius Regio.