Arquivos da etiqueta: Isabel López Mariño

Viaxe cultural a Porto

Viaxe a Porto
Viaxe a Porto

O alumnado de 3º de ESO viaxou a Porto (Portugal) durante os días 6 e 7 de Marzo. A visita estivo organizada polos departamentos de Economía e Xeografía e Historia coa colaboración do proxecto TERRA do colexio de arquitectos. O obxectivo da viaxe foi coñecer a arquitectura portuguesa e as novas propostas, así como a identificación da identidade territorial de Galicia e do norte de Portugal.

Viaxe Comenius / Lucera ( Italia)

[Descargar o programa da viaxe]

7 alumnos de 3º e 4º da ESO ( Diego Cabeza, Paco Álvarez, David Peral, Raquel Pose, Andra Pía, Benxa Varela e Uxía Vázquez) acompañados de 3 profesores Dona Isabel López Mariño, Don J. Carlos Vidal López (Coordinador do proxecto) e polo Director do Instituto Don José López Couce) pasamos unha semana nun pobo italiano da Rexión da Puglia (situada no sur de Italia, na provincia de Foggia) chamado Lucera, un pobo moi bonito duns 40.000 habitantes; alí fomos acollidos de marabilla, un exemplo da súa amabilidade foi o préstamo de roupa, as nosas maletas quedaron en Madrid e chegaron ao día seguinte.

Como o Proxecto Comenius ten como título “SOMOS O QUE COMEMOS” as viaxes que fixemos tiñan relación co tema, visitamos “Tamma” unha fábrica de pasta, estivemos tamén en PRO-GEN ZONA ASI centro de investigación con todo o relacionado coa pasta, vimos como se fabricaba o aceite e tamén fixemos visitas culturais a Trani e Barleta; outra actividade moi agradable e divertida foi unha festa na que participaron as familias de acollida e alí aprendemos a facer pasta caseira.

Lucera
Lucera

Queremos destacar o enriquecemento que supuxo para todos nós o feito de estudar dúas linguas estranxeiras (neste encontro participou tamén o alumnado dos outros institutos que participan no proxecto de Francia e de Polonia) xa que facilitou enormemente os contactos cos outros alumnos, tamén nos demos conta de que cos italianos eramos capaces de entendernos sen demasiados problemas; en resumo destacar o que nos vivimos como unha experiencia única e realmente gratificante. Esperamos que os nosos compañeiros que no mes de abril vanse a Polonia páseno, polo menos, tan ben coma nós. Pola nosa banda agardamos con impaciencia a chegada das nosas correspondentes italianas en 2013 , trataremos por todos os medios de acollelas tan ben como elas e as súas familias fixeron con nós.

Paco Álvarez, Diego Cabeza, David Peral, Raquel Pose, Andra Pía, Benxa Varela e Uxía Vázquez

Concurso de Microrrelatos Amor, ou non, en 100 palabras

Club de lectura. Actividades da 2ª avaliación

Cartel
Cartel

Co 2º trimestre rematado, o Club de Lectura do IES Xosé Neira Vilas quere mostrar unha das actividades celebradas: o  Concurso de Microrrelatos  Amor, ou non, en 100 palabras, realizada en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Aquí podedes ver o cartel   que convocaba o acto cultural e as bases que seguiron os membros da comunidade educativa para participar, que se achega tamén por se outros centros o quere utilizar.

Finalmente, podedes ler a acta do xurado, na cal se recollen os criterios literarios que seguiu para escoller o texto gañador, e os tres accésit que decidiu conceder. E, por suposto, eses catro textos gañadores.

Parabéns ao alumno gañador e aos participantes merecentes desa mención especial do xurado. E tamén a toda a comunidade educativa pola boa acollida desta dinámica de escrita literaria.

Crónica Bretona

Grupo de Intercambio
Grupo de Intercambio

Narrar un intercambio desde a distancia permite só describir pequenas sensacións, porque as grandes sensacións están reservadas para os protagonistas, 26 alumnas e alumnos que -en compañía doutros 31 do IES Puga Ramón, Isabel, Carolina, Paz e monsieur Vidal- experimentan 24 horas sobre 24 a estadía en Vannes, nas casas dos seus “correspondants”, no collège, na praza,…

Por iso esta narración ten que ser por forza fragmentaria. Unha viaxe longa, iniciada en noite de domingo, rematou con ben chegando a Vannes na tarde do luns 15 de marzo. Ao día seguinte, cumprindo o programa, o grupo diríxese aos milenarios campos de megalitos de Carnac. E velaí a primeira fotografía de conxunto que nos transmite Antía: é a dun día soleado que amence fresco (MétéoFrance indicaba mínimas de 3ºC para esta zona de Bretaña) e resultará agradable durante toda a xornada. Nesta fotografía de grupo dá amparo contemplar como monsieur Vidal e o grupo de “veteranos” de intercambio de 4º ESO protexen aos que por primeira vez participan na experiencia, un pouco cegados por ese sol matutino que lles dá de cara, saíndo por onde sempre sae -polo Leste, facendo que as sombras dos fotógrafos -que non as dos cipreses, que diría Delibes- sexan alongadas-. Lamento non ver a faciana de María Ramil, mais estou seguro de que está a disfrutar como os demais.

E teño que dicir que este mércores ían ao museo da prehistoria de Vannes (que tal se comportaría o alumnado-guía? Estou ben seguro de que estiveron á altura). Aquí seguimos, desde lonxe, agardando máis novas.

Cóntanos Lucía que o mércores 17 foron ao mercado para cubrir o apartado do seu traballo de cotexar prezos dos distintos alimentos. E despois disfrutaron do tempo libre. O xoves 18 tivo lugar a visita a Vannes, e pola tarde, en lugar de que os nosos ciceróns se lucisen explicando a préhistoire bretonne, Mme. Le Blay preparoulles un rallie pola cidade para coñecer a fondo a cidade (todas as vilas se coñecen mellor a pé e preguntando aos nativos). Venres 19 partiron cedo cara a Mont Saint-Michel, na que os ciceróns de 4º ESO se explaiaron a conciencia, demostrando claramente o seu avezado coñecemento da abadía, da merveille au bord de la mer.

Sábado e domingo en familia, luns 22 en clase au collège. Xa din adeus a Vannes, à bientôt, xa marchan cara a París.

Fotos enviadas desde Vannes

Semana Intercultural

Tríptico informativoEra marzo, amencendo abril. Tempo de aprendizaxe e lecer, tempo de recepción e exposición. Mentres unha exposición sobre a muller innovadora na ciencia se exhibía no corredor inferior, mentres alumnado de diversos cursos participaban nun intercambio cun centro bretón, alumnado e profesorado do IES Neira Vilas debullaba e asimilaba os variados coñecementos e visitas que no centro se teceron na Semana Intercultural 2009.

Do 30 de marzo ao 3 de abril tiveron lugar toda unha serie de actividades que integraron letras e ciencias, que nos acompañaron nun paseo pola cultura e o entretenemento. Falouse de trasplantes, da loita da muller polos seus dereitos, de aforro enerxético, de experiencias científicas, da meteoroloxía nas obras de Verne, do surf, do decrecemento, da astronomía, de Darwin… Comemos sopas de diversos lugares do mundo, tan variados como a procedencia do noso alumnado, percorremos boa parte dese mundo na proxección clásica de “A volta ao mundo en oitenta días” (1956), aprendemos da nosa contorna con saídas para concienciarnos sobre a necesidade de reciclar. Todo un rebumbio cultural que non queremos deixar de repetir cada ano.

Por iso ten que quedar na nosa lembranza este momento, porque a colaboración do profesorado foi excepcional, porque a participación do alumnado foi exquisita -e non só do noso, tamén tivemos visita dos nosos veciños de Bastiagueiro, do IES María Casares-, porque a colaboración desinteresada dos diversos poñentes foi un agasallo.

É tempo de agradecer a todo o mundo o seu esforzo, sen esquecerse de ninguén: alumnado, profesorado, concelleira, membros do CEFORE, conserxes, limpadoras. Isto non fixo máis que comezar. O ano vindeiro, MÁIS!!!

 

San Valentín con poesía

Alumnado participante
Alumnado participante

Alumnos de 3º y 4º ESO organizaron un recital de poesía amorosa no instituto dentro das actividades da materia de de Iniciativas Emprendedoras da profesora Isabel López Mariño.

O recital de poesía amorosa resultou de gran éxito debido a las duras horas ensayadas anteriormente.

Puderon ser oidos poemas de: Becquer, Pablo Neruda, Rosalía de Castro, Ángel González e Antón Avilés de Taramancos.

Tamén se repartiron trípicos e pegatinas alusivas ó tema do acto.

Participaron, de cuarto curso: Marta Fernández, Paz López, Andrea Díaz, Amanda Yagüe e Elba Tenreiro, de terceiro: Rubén Lago, Alexis Marques, Juan Ramil, Aílton Junior Alves, Héctor Pardo, Patricia Figueiras , Ana García , Beatriz Motos, Matthijs Taris, Belén Trobo e Ione Villasante.

As presentadoras foron: Macarena Farías e Laura Vázquez e da música encargáronse Jacobo Machiavello e Julio Ramos .

Saliéntase a gran participación do alumndo neste Primeiro Festival de Poesía amorosa.

Un dia disfrutando coa auga

O día 19 de Xunio o grupo de alumnos de 3º curso dentro da materia de Iniciativas enprendedoras coa súa profesora Isabel López Mariño pasaron un día de lecer no Talaso da Casa da auga de A Coruña.

Durante toda unha mañán puderon disfrutar dos beneficios hídricos despois de tantos días de traballo e de exames.

Esta saida foi posible gracias ós beneficios obtidos despois das xestións realizadas ó longo do curso para a realización de diversas actividades, entre elas a dos almorzos saudables.