O venres 27 de maio tivo lugar no centro educativo o acto de graduación da promoción de 2º Bacharelato 2010-11, ao que asistiron alumnado, pais e representantes da comunidade educativa, así como a concelleira de Cultura do concello de Oleiros. A xornada -presidida polo director José López Couce- desenvolveuse nun ambiente festivo, cos discursos por parte do alumnado (Elba Tenreiro), das nais e pais (Consuelo Rama) e do profesorado (Nacho Taibo), o habitual plantamento da árbore conmemorativa (neste caso un acivro) -acompañado da interpretación do “Gaudeamus Igitur” ao saxofón polo alumno Adrián Freire, de 1º Bacharelato-, a entrega da orla -realizada pola benquerida ex-profesora do centro educativo Isabel Aller- e un pequeno refrixerio preparado polos responsables da cafetería do centro educativo-. A xeira concluíu cunha cea de confraternización entre profesorado e alumnado no Hotel Hesperia de A Coruña.
“O EQUIPO DE MEDIACIÓN E CONVIVENCIA NO CENTRO ESCOLAR” foi o tema central da experiencia de intercambio e formación entre iguais entre o I.E.S. X. Neira Vilas e o I.E.S. Poeta Díaz Castro.
Unha posibilidade que promoveu e fixo posible o programa Axenda 21 Escolar de Galicia. O encontro persoal e a educación entre iguais son os seus principais valores, ademais da propia mediación. Os membros do equipo de convivencia e mediación fixeron un esforzo importante para ser “comunicadores”, “educadores” e “compañeiros entusiastas” dun grupo interesado – dezaseis rapaces e rapazas – do centro Lucense. Aproveitaron a oportunidade seis compañeiras de 1º de ESO do noso centro participando como “aprendices” de mediadoras. (Teresa López Velo, Catalina Bernot Hernández, Nuria Buño Golán, Laura Carro Sabio e Damaris Fernández Pumar)
A iniciativa partiu dos compañeiros e compañeiras de Guitiriz. Con eles compartírase a estadía nacasa rural-ecolóxica de “Alvarella” a finais do curso pasado. Gozaran deste premio recoñecido polos responsables da A21 Escolar de Galicia polo traballo desenvolvido nos dous institutos a prol dun mundo mais sostible. O alumnado do Neira Vilas foi agasallado polo traballo de varios anos e varias xeracións de mediadores e mediadoras. Tamén pola brillantez coa que o equipo do curso 2008-09 expuxo o seu traballo no encontro de Pontevedra “O alumnado é protagonista” – no marco da A21EG -.
O “curso” dividiuse en dúas xornadas: na primeira, o 20 de abril, foi o centro Oleirense o anfitrión. De 10 a 13 horas da mañá, no Salón de Actos do centro, tras unha presentación “regulamentaria” de tódolos asistentes, desenvolveuse o programa: O conflito, preciso para medrar na vida; diferentes modos de afrontar un conflito: asertivo, pasivo e violento; a vía da mediación: momentos da mediación e habilidades sociais necesarias para todo mediador. Cada momento foi dinamizado por membros do equipo de convivencia existente e Perillo: Lidia Candal Suárez, Adrián Freire Rodriguez, Marta Sánchez Méndez, Sara Sánchez Roma, Macarena Farias, Laura Vázquez, Estefanía Torres Esquivel e Laura Grobas. Empregáronse dinámicas de grupo para tratar cada un dos apartados. Os momentos de lecer foron tamén intensos e coidados: a parada a media mañá fixo famosa a tortilla do noso cantineiro Pablo en todo Guitiriz; e a mañá pechouse cun paseo de amigos e amigas pola praia de Santa Cristina.
Entre a 1ª e a 2º xornada o “tuenti” colapsouse na súa autoestrada virtual entre Perillo e Guitiriz… había que afianzar conceptos e amizades.
Na segunda xornada, o 25 de maio, foi o alumnado da Terra Chá quen acolleu ao grupo de mariñáns que foron alá. Decidiuse que fose todo o grupo, non so os máis directamente implicados na mediación, para facer tamén balance do ano académico e pasar o día xuntos convivindo. Sumáronse entón aos xa coñecidos: Sara Castro, Lucía Rodríguez, Lidia Sotorríos, Alejandro Nogueira, Sergio Ceán, André Luis Araujo, Álvaro Cadavieco, Fernando Romero, Nicole Barros, Martín Mejuto, Sergio Roget, Jesica Valadares, Leila Mejuto… A temática permitía facer isto xa que esta segunda foi unha xornada sobre cuestións organizativas: como se aborda un conflito nun centro sen mediación e como con mediación?; a posta en marcha do equipo de convivencia e mediación curso a curso ? E as liñas de traballo que tentou desenvolver no Neira Vilas o Equipo: a mediación en conflitos; a coidado medio-ambiental – reciclaxe, punto limpo, aforro… -; o acompañamento aos novos – asignando un compañeiro o u compañeira aos alumnos que chegan novos ao centro -; asesoría aos delegados e delegadas – mediante “auditorías” sobre a marcha dos distintos grupos -; observatorio da convivencia – detectando problemas e facendo un seguimento da saúde da convivencia no centro con reunións periódicas coa Xefatura de Estudos e Orientación…-. Precisamente na avaliación destas liñas participaron activamente aqueles que non estaban directamente involucrados en mediación. O tempo de lecer non foi menos importante: Parada a media mañá para saborear unhas empanadas moi ricas de carne e de bonito; comida na ribeira do río Parga, no lugar dos “Sete Muíños” – piscina fluvial de Guitiriz – con algún susto pola chuvia; e tarde de paseo e “bares” polo centro de Guitiriz tamén facendo máis amigos; ate houbo quen andou uns quilómetros polo monte ate Pardiñas – lugar de soa polo seu festival folck e o seu vello balneario -.
A valoración foi positiva por parte dos dous grupos. Agardando unha mais sisuda e pausada é unha constatación o enriquecemento do intercambio entre compañeiras e compañeiros de distinto centro e diferente nivel educativo. Tamén dá xogo a mediación como dramatización alternativa da vivencia dun conflito: inventar o alternativo á labazada, a declaración de guerra ou á imprescindible intervención do Leviatán Hobbesiano. A crítica maior que admite todo isto é precisamente a súa fraxilidade, a súa caducidade nun tempo onde a vida dos rapaces e rapazas “vai de paso”, na súa frescura de “leña verde …que todo e fume…”, vaia, como case todo en educación.
Dª Andrea Franchino, veu desde Arxentina e, a pesar de levar moito tempo en España, non olvida o seu país, nin perde o seu acento… nen o costume de tomar mate.
Explicounos as comida típicas de aló, a vida e a relación con outros compatriotas arxentinos en Galicia.
O final realizouse un coloquío no que participó tamén o su marido.
A charla foi presentada pola súa cuñada Macaren Farias e O delegado de curso Adrián Freire.
O día 5 de febreiro o alumnado de 3º curso realizou a visita ó concello de a Coruña para estudar a evolución da arquitectura na cidade. Dese a idade media ata a arquitectura de vangarda. A visita fori organizada polos alumnos: Adrián Freire, Marta Sánchez, Sara Sánchez, Sara Sequeiros, Lidia Candal, Laura Sánchez e Jessica Valadares.
Durante toda a mañán foi analizado e estudiado a arquitectura da Idade Media (igrexa de Santiago e Santa María) , o barroco (Igrexa de Sanxurxo e Santo Domingo e pazo de Cornide Saavedra), historicismo (igrexa de san Andrés), modernismo (casas da rúa Real e San Andrés), ecléctico (banco Pastor e edificios de Linares Rivas), racionalista (mercado de San Agustín), contemporáneo (fundación Luís Seoane, Domus, fundación Caixa Galicia, museo de Arte Sacra) e os Cantóns, plaza das bárbares e xardín de San Carlos.
O día vintetrés de Maio celebrouse no noso Instituto o acto de graduación de segundo de Bacharelato. Con gran afluencia de público, e rigurosa etiqueta, alumnado, profesorado, familias e amigos asistiron ó concerto dos alumnos de música de primerio e segundo de Bacharelato que interpretaron pezas clásicas e modernas.
A continuación as palabras da alumna de segundo curso Joheisy Bracho Curros, de María Pato Dieguez mai de Iago Alves da Costa Pato, que nos emocionaron, co recoñecemento da estancia no Centro o labor do profesorado. As palabras do profesor José López Couce foron dirixidas a que o abandono do Centro non debe ser o abandono da cultura integral, e instou a seguir lendo e facéndose preguntas porque “o mundo agora é voso”.
Unha presentación da evolución dos anos no centro educativo do alumnado de agora remata e a entrega de diplomas foi o remate do acto antes de pasar ó aperitivo preparado no propio centro. A continuación a cea de alumnos e profesores e a festa que sabemos foi moi animada.
Programa do Concerto
Alumnos de 1º de Bacharelato.
Round Dance: Sheila Nelson
Air de la Petitte Russie: L. van Beethoven
Riverside: Sheila Nelson
Balaio: H. Villalobos
O voso galo: popular galega
Devil´s dream: popular irlandesa
Alumnos de 2º de Bacharelato
Bandas Sonoras: arreglo grupal
Coa colaboración dos alumnos de 2º da ESO: Adela Fernández González: Violín; Adrián Freire: Saxo
Exposición de Fraguela correspondente ao acto de entrega de premios 30/V/2008
Ola!, como ben sabedes, este ano foi a posta en marcha no IES Xosé Neira Vilas da olimpíada do saber.
Como case que todas as cousas, e incluso a vida, comézase chorando ou mesmo con dificultades e/ou mal.
Non lembrades o anuncio da tv? Si, home …, o de Picasso a quen lle tiveron que botar o fume do tabaco para que vivira, pois crían que nacera morto.
Pois ben, co paso do tempo imos cambiando e no que respecta á Olimpíada pasounos exactamente igual, démonos conta dos erros cometidos e tentamos enmendalos sobre a marcha, e dende logo o noso compromiso é enmendalos cara ao futuro. As vosas suxestións foron, son e serán esenciais para mellorar; por iso:
Premiaremos a participación (a nivel económico e académico).
Trataremos de potenciar a AUTOESTIMA, evitando o abandono prematuro, o pesimismo e aprenderemos a superar as dificultades, a non dar nada por perdido NUNCA.
Sabedes que eu son futboleiro e deportivista, pois apañados iamos se nos deixáramos levar polo pesimismo ao remate da primeira volta (penúltimos con 17 puntos e a 5 da salvación)…
Iso tamén pode pasar na Olimpíada do saber, tédeo sempre en conta.
ÁNIMO! Pensando xa no curso 2008/2009.
CLASIFICACIÓN DESTA Iª OLIMPÍADA
1º LUGAR, diploma e 150 €: Carlos Ríos, Edgar Rama 2º Bach, 72 puntos.