O día 13 de Decembro o alumndo de 3º curso, visitou a Costa de Dexo. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Xeografía e Historia e CEIDA e foron acompañdos polos profesores do Departmento, as lectoras de francés, acompañados e os monitores do CEIDA.
O itinerario realizado foi: Iglexa de Dexo, punta roza, cova do ladrón, punta Purrido e portiño de Dexo.
Previamente elaboráronse varias unidade didácticas e posteriormente fíxese unha posta em común na aula dos temas que o alumnado debía desenvolver: Estudo do xacemento arqueolóxico castrexo: castro de Roza, estudo de consideración legal da costa de Dexo, descripción dos elementos naturais e facer un resumo dos principais elementos naturais recoñecidos na visita.
O rematar a visita tamén se elaborou un vocabulario en galego e en francés e unha reportaxe fotográfica.
De novo coa colaboración do CEIDA (Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia), iniciamos o segundo trimestre deste curso académico coa exposición “Áreas mariñas protexidas“, un paseo polos recursos do mar e as problemáticas de conservación deste entorno tan valioso para a nosa vida. Con ela trátase de sensibilizar sobre o patrimonio marítimo e a necesidade de preservar e manter as áreas protexidas como instrumento de conservación dese patrimonio. Do 12 ao 26 de xaneiro de 2010 no IES Neira Vilas.
O 2 de febreiro inaugurouse no IES Neira Vilas a exposición “Cambio climático”, en colaboración co CEIDA, para informar e realizar actividades interdisciplinares sobre este problema medioambiental e informarse das solucións e medidas a adoptar ao respecto. A mostra permanecerá no centro educativo ata o 20 de febreiro. Infórmate sobre os contidos da exposición.
O pasado día 10 de maio de 2007 celebrouse no Auditorio Municipal de Mera o I Congreso de Educación Ambiental para Escolares organizado polo Centro de Extensión e Información Ambiental (CEIDA)de St. Cruz.
O noso instituto presentou unha comunicación sobre o marisqueo e os problemas ambientais da Ría do Burgo. Este traballo foi desenvolvido por un grupo de 6 alumnas de 1º de Bacharelato e 1 alumna de 3ºESO., coa dirección dos profesores Mª del Carmen Porta do Departamento de Bioloxía e Juan Neira de Tecnoloxía. As alumnas participantes fóron: Laura Bazán Morzone, Johesy Bracho Curros, Paula Mirre Prieto, Soraya Rodríguez Lage, Rocío Saavedra Fernández, Montserrat Martínez-Piñeiro Súarez-Noguerol de 1º de Bacharelato e Jennifer Álvarez Silva de 3º ESO.
O traballo consistiu nun estudo da Ría do Burgo fundamentado na actividade marisqueira actual, presentando tamén información sobre o medio físico e biolóxico da ría.
Realizamos unha importante labor de recollida de información sobre diversos aspectos da ría: historia, medio físico, evolución do marisqueo, problemas de furtivismo, localización dos bancos marisqueiros, técnicas de marisqueo e problemas de contaminación. Xunto a este traballo realizamos visitas á ría guiados polo asesor técnico da Confraría de Pescadores, Pablo Sánchez Seoane.
A primeira saída foi no mes de febreiro no que vimos as labores de retirada de mexillón dos bancos e outras zonas da ría, e logo volvemos en abril para tomar mostras de auga, coñecer como se realizan as labores de semicultivo da ameixa e ver os traballos de rexeneración e acondicionamento dos bancos marisqueiros.
Todo este traballo recollémolo nunha presentación informática que expuxemos na entrada do Auditorio de Mera e ao mesmo tempo realizamos outra presentación para o propio acto de exposición do traballo realizado nos vinte minutos de que dispuxemos.
Realmente aprendemos moitas cousas sobre a Ría do Burgo e o marisqueo. Para empezar non sabíamos a enorme cantidade de cartos que move esta actividade e as familias que dependen deste recurso. Tamén nos encontramos cunha ría medio enferma que precisa de moitos coidados pero aínda así e todo, capaz de producir marisco de calidade. A cara da moeda é a pouca información sobre o estado ambiental real, con datos actuais e contrastables. A información ambiental segue sen ser facilmente accesible para calquera cidadán. Hai moito traballo científico e técnico por facer aínda na Ría do Burgo cara a súa mellora ambiental e produtiva, e nós como estudantes, no futuro podemos facelo.
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)