Arquivos da etiqueta: Collège Notre Dame Le Menimur

Échange Scolaire // Intercambio Escolar

Échange Scolaire // Intercambio Escolar
Échange Scolaire // Intercambio Escolar

O próximo luns 4   de maio chegarán a Oleiros 33 alumnas e alumnos do colexio Collège Notre Dame  Le Menimur de Vannes.
Virán acompañados de 3 profesoras, unha delas xa moi coñecida entre nos a profesora Catherine Le Blay. Coma sempre teñen unha axenda moi apertada e aproveitarán para visitar A Coruña, Santiago de Compostela, as Rias Baixas e  para acercarse a Portugal; teremos o sábado 9 de maio a tradicional “Cea da Amizade “ no Centro Cívico de Santalla – Santa Cruz que o Concello de Oleiros nos cede habitualmente. O regreso a Francia está previsto para o día 12 do próximo mes de maio.
Desexámoslles unha boa estadía e que desfruten da nosa terra.

VIº Intercambio Escolar I.E.S.P. Xosé Neira Vilas de Oleiros-Collège Notre Dame Le Menimur Skolaj Diwan Ar Mor-Bihan de Vannes

VIº Intercambio Escolar
VIº Intercambio Escolarz Nieto

Un total de 32 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato participaron no VIº ÉCHANGE SCOLAIRE que tivo lugar entre os días 1 e 12 de abril. Estiveron acompañados dos profesores Don Juan Santamaria e Don Carlos Vidal.

Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas fixo diversas actividades : visita á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Quiberon , Mont Saint Michel, Dinan, Pont-Aven , etc.); tamén asistiron ás clases no Collège Notre Dame Le Menimur e a Skolaj Diwan ar Mor-Bihan .

O Intercambio rematou coa visita a París e o último día foron a Eurodisney.

Este ano viaxaron con nós 15 alumnos do IES Monte Neme de Carballo, acompañados da súa profesora de francés Sandra Rodríguez Nieto, que fan o Intercambio cos mesmos centros educativos.

Mobilidade Comenius Regio

 

Mobilidade Comenius Regio
Mobilidade Comenius Regio

Do 31 de maio ao 5 de xuño, tres profesores do IESP Xosé Neira Vilas participaron na 2ª das mobilidades a Vannes (Morbihan-Francia) no marco do Proxecto Comenius Regio “Échangeons notre échange scolaire!” no que o noso centro participa en colaboración con a Consellería de Cultura, Educación e O.U., a APFG -Asociación de Profesores de Francés de Galicia-, o IES Monte Neme de Carballo, a Mairie de Vannes (Concello de Vannes), o Collège Notre Dame Le Ménimur (Centro de ensino),e o Comité Bretagne-Galice (Asociación cultural).

Información da mobilidade

Vº Échange Scolaire // Intercambio Escolar alumnado bretón no IESP X. Neira Vilas Benvidos / Bienvenus/ Degemer Mat

25 alumnas e alumnos acompañados de 2 profesoras estarán entre nós desde o día 9 ata o 13 de abril. Trátase da segunda parte do Intercambio Escolar que se ven facendo co Collège Notre Dame Le Ménimur de Vannes.

Durante esta semana incorporaranse as actividades do centro e realizaran varios viaxes para a descoberta da nosa Comunidade; teñen previsto a vista a Santiago de Compostela, as Rias Baixas, a cidade da Coruña e por suposto o noso Concello.

Desde a nosa páxina desexámoslles un “un bon sejour chez nous”.

Vº Intercambio Escolar IESP Xosé Neira Vilas-Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes

Vº Intercambio Escolar
Vº Intercambio Escolar

Un total de 25 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato, acompañados polos profesores Isabel López Mariño e José Carlos Vidal López, participaron no Vº ÉCHANGE SCOLAIRE que tivo lugar entre os días 12 e 23 de marzo.

Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas fixo diversas actividades : visita á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Saint Malo, Mont Saint Michel, Quimper , etc.); tamén asistirán ás clases no Collège Notre Dame Le Menimur.

O Intercambio rematou coa visita a París e Eurodisney.

Este ano viaxaron con nós 13 alumnos do IES Monte Neme de Carballo, acompañados da súa profesora de francés Sandra Rodríguez Nieto, que tamen fixeron o Intercambio co mesmo centro educativo.

Proxecto Comenius Regio

Proxecto Comenius Regio
Proxecto Comenius Regio

Alumnas e alumnos do IESP Neira Vilas (Oleiros, A Coruña) e do IES Monte Neme (Carballo, A Coruña) participarán nun intercambio de estudos co Collège Notre Dame Le Ménimur (Vannes, Francia) dentro do Proxecto Comenius Regio. Partindo da iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e O.U. da Xunta de Galicia participan tamén no proxecto a APFG (Asociación de Profesores de Francés de Galicia), a Mairie de Vannes (Concello de Vannes)e o Comité Bretagne Galice.

Pode encontrar máis información no blog www.galiregio.blogspot.com e no seguinte documento: Presentación Comenius Regio.

O IES Neira Vilas recibe ó alumado e profesorado do Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes

IV Intercambio Escolar
IV Intercambio Escolar

O martes día 8 de maio 27 alumnas e alumnos franceses chegaron a terras oleirenses na segunda parte do IV Intercambio Escolar do noso centro. Estiveron acompañados de dúas profesoras, unha delas Catherine Le Blay, unha vella coñecida no noso centro, e xunto co profesor Carlos Vidal son os organizadores desta actividade desde hai moitos anos. Permaneceron durante unha semana acollidos polas familias dos seus alumnos correspondentes. Entre as actividades que realizaron está a asistencia a clase no Instituto e varias viaxes por Galicia entre elas á Coruña, Santiago e ás Rias Baixas Por outro lado o sábado 12 realizouse a tradicional “Cea de amizade” na Casa do Pobo de Sta Cruz, que nos cedeu amablemente o Concello, e á que asistiu todo o alumnado participante no Intercambio así como as familias e o profesorado.

 

IV Intercambio Escolar I.E.S. Plurilingüe Xosé Neira Vilas de Oleiros / Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes

IV Intercambio Escolar
IV Intercambio Escolar

O pasado 20 de marzo , 27 alumnos de 2º ESO ( Sección Plurilingüe) 3º e 4º de ESO ( Sección Bilingüe) e 1º de Bacharelato acompañados dos profesores Dona Isabel López Mariño e Don J. Carlos Vidal López , iniciaron o 4º Intercambio Escolar co Collège Notre Dame Le Ménimur de Vannes , capital do Departamento do Morbihan na Bretaña francesa; estes alumnos foron acollidos na casa dos seus correspondentes franceses.

Durante a estadía realizaron moitas actividades e coñeceron a rexión de Bretaña así coma a súa gastronomia.

Visitaron a cidade de Vannes, Carnac, Quimper a Península de Quiberon, Dinan , St Malo e o famosísimo Mt St Michel

Participaron nas actividades do Colexio: asistencia a clases, intervención nas aulas de español, actividades na aula de informática ; tamén deberon cumprimentar o caderno de actividades elaborado polo Departamento de Francés para reflectir no mesmo esta actividade de Intercambio Escolar.

O Intercambio completouse cunha estadía de 2 días en París onde visitaron os monumentos máis coñecidos de París: Tour Eiffel, Campos Elíseos, a Catedral de Notre Dame, o Louvre , o Sagrado Corazón, Montmartre, a Tour Montparnasse, etc. E, por suposto, unha viaxe polo Sena nos coñecidos “bateau-mouche”.

O alumnado de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato visitaron dúas exposicións :

  • Sobre o famoso fotógrafo francés DOISNEAU no edificio do Concello de Paris
  • Exposición sobre o cineasta americano TIM BURTON na Cinémathèque de Paris.

A actividade rematou o venres 30 coa visita ao Parque Eurodisney.