Arquivos da etiqueta: Daniel Dopazo

Concurso de Microrrelatos Amor, ou non, en 100 palabras

Club de lectura. Actividades da 2ª avaliación

Cartel
Cartel

Co 2º trimestre rematado, o Club de Lectura do IES Xosé Neira Vilas quere mostrar unha das actividades celebradas: o  Concurso de Microrrelatos  Amor, ou non, en 100 palabras, realizada en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Aquí podedes ver o cartel   que convocaba o acto cultural e as bases que seguiron os membros da comunidade educativa para participar, que se achega tamén por se outros centros o quere utilizar.

Finalmente, podedes ler a acta do xurado, na cal se recollen os criterios literarios que seguiu para escoller o texto gañador, e os tres accésit que decidiu conceder. E, por suposto, eses catro textos gañadores.

Parabéns ao alumno gañador e aos participantes merecentes desa mención especial do xurado. E tamén a toda a comunidade educativa pola boa acollida desta dinámica de escrita literaria.

Reportaxe no Instituto para a Televisión galega

Co gallo da celebración dos cincuenta anos da publicación de: “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas, o xoves vintesete de xaneiro un grupo de alumnos participou cunhas entrevistas para a realización do programa Eirado da televisión galega.

O noso centro, que leva con honor o nome de Xosé Neira Vilas participa en tódalas actividades que se celebran na súa honra, neste caso coa participación dunha gravación na biblioteca do centro co periodista Mon Santiso e os alumnos: Germán Vila, Daniel Dopazo, Amanda Yagüe, Gemma Tacón, Andrés Docampo e André Luís Araujo. Na entrevista fíxose un recordo da obra e vida do autor de “Memorias dun neno labrego”

O programa Eirado, dunha hora de duración emitiuse pola TVG2 o sábado cinco de febreiro e estivo adicado ás artes plásticas, novas tecnoloxías, literatura ou arquitectura. Presentouno o xornalista Pemón Bouzas.

Campeonato de fútbol 2006-2077

Terminada a liga de fúbol entregaranse en próximas datas os trofeos (expostos na vitrina ao lado de conserxería) aos campeóns e subcampeóns .

Iris Pena de 1ºA de bacharelato remítenos a seguinte crónica:

TEMOS GAÑADOR DA PRIMEIRA RONDA DAS LIGAS DEPORTIVAS !!!

Fai uns días, rematou a primeira ronda de fútbol no noso instituto. O resultado foi incríble, xa que, despois de reiterados avisos, a xente animouse e conseguiuse facer unha clasificación. O equipo gañador foi o 5º, composto por Álex Marques de 1º B, Daniel Dopazo e Rubén Lago de 2º A, Francisco López de 3º B e Daniel Lamas e Cristian Bermúdez de 4º B e C respectivamente.

Se xogástedes ben e o dades todo polo fútbol, entón xa estaredes na nosa selección do instituto, para despois competir có instituto Miraflores …

Ánimo campións !!!

Equipo gañador
Equipo gañador