Arquivos da etiqueta: Jorge Calle

Graduación 2015

Orla 2014-2015
Orla 2014-2015

O venres 29 de maio celebrouse no noso centro a graduación do alumnado de segundo de Bacharelato. Ao acto asistiu o alumnado, as súas familias, representantes da comunidade educativa e a Concelleira de Deportes, Turismo e Formación e Emprego do Concello de Oleiros, Teresa Vázquez Maseda. A xornada comezou coa recepción das familias na entrada do centro para pesar posteriormente ao salón de actos onde despois da presentación  por parte do director Agustín Fernández Gago falaron a concelleira Teresa Vázquez Maseda en representación do Concello, a profesora de inglés, Warinca Arce González en representación do profesorado, Eduardo Blanco Pereira, pai de Antón Blanco, en representación das familias e Andrea Docampo Sánchez e Antón Blanco Rey en representación do alumnado. Acto seguido, o titor do grupo Jorge  Calle López e a profesora de inglés Warinca Arce Gonzalez  fixeron entrega ao alumnado dun diploma conmemorativo e unha memoria USB cun vídeo que recorda o seu paso polo centro. A foto de grupo e a visualización do vídeo dou paso á tradicional plantación da arbore, un gingko, nos xardíns do instituto. Un pequeno ágape concluíu a xornada no centro. O alumnado e o profesorado compartiron posteriormente unha cea nun restaurante de Santa Cristina .

Á descuberta da arquitectura e a paisaxe: Visita a Guimarães (Portugal)

Visita a Guimarães
Visita a Guimarães

Os días 21 e 22 de abril o alumnado de 4º ESO realizou unha visita á cidade portuguesa de Guimarães. A actividade está organizada co proxecto Terra e o noso centro leva xa varios anos realizando estas saídas ao país veciño. O completo programa inclúe actividades variadas: a visita á citania de Briteiros ou ao mosteiro de Souto San Salvador, o percorrido en teleférico ata o monte da Penha, a visita guiada á área de rehabilitación de Couros, a descuberta polo casco antigo de Guimarães e a visita ao castelo e pazo dos duques de Bragança. Dúas xornadas completas comendo e durmindo na pousada da xuventude desa localidade portuguesa. O alumnado foi acompañado polos profesores Jorge Calle, Carmen  García-Rodeja e Isabel López Mariño

Investigando no museo arqueolóxico

INVESTIGANDO NO MUSEO ARQUEOLÓXICO

Investigando no Museo Arqueolóxico
Investigando no Museo Arqueolóxico

O pasado día 15 de Abril o alumnado de 1º curso realizou prácticas de arqueoloxía acompañados polos profesores de Xeografía e Historia: Jorge Calle, Xosé Antón García e Carmen García Rodeja e guiados polos seus compañeiros monitores.

Visita a Santiago

Visita a Santiago: Alumnado de Historia da Arte
Visita a Santiago: Alumnado de Historia da Arte

O mércores 8 de abril o alumnado de Historia da Arte de 2º de bacharelato visitou Santiago de Compostela para ter unha clase práctica coas obras santiaguesas da proba de selectividade.
Realizouse tamén unha visita aos tellados da catedral, neste caso, acompañados polo alumnado de arte do IES “María Casares”

Visita a Guimaraes

Visita a Guimaraes
Visita a Guimaraes

O pasado 14 e 15 de maio o alumnado da materia “Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras” de 3º e 4º e de Xeografía viaxaron a Portugal acompañados polos profesores Isabel López Mariño, Jorge Calle e Carlos Vidal. Visitaron a citania de Briteiros, o mosteiro de Souto e a cidade de Guimarães. Nesta última percorreon o casco antigo e a área rehabilitada de Couros. .

Esta viaxe está realizado en colaboración co Proxecto Terra do Colexio de Arquitectos de Galicia.

O primeiro día de Portugal visitaron o xacemento arqueológico de Briteiros e o pobo que está cerca. O segundo día coñeceron a fondo a cidade de Briteiros co pazo dos duques e a fortaleza, en Couros visitaron a rehabilitación das fábricas textiles. Foi destacado polo alumnado o modelo de rehabilitación da cidade a orde na construcción e o respeto á arquitectura

Presentación sobre a visita realizada polo alumno André Araujo.

Taller de gravado e visita ó Museo de BBAA do alumnado de 4º curso

visita ó Museo de BBAA
visita ó Museo de BBAA

O día 20 de Decembro o alumnado de 4º curso acudiu ó Museo de BBAA acompañados polos seus profesores de Xeografía e Historia para analizar e coñecer os fondos artísticos. Visitouse o Museo especialmente a obra gráfica alí exposta. Tamén se fixo especial fincapé na obra gráfica de Francisco de Goya. Para finalizar a visita realizaron, tanto alumnado como profesorado, diversas gravados para coñecer o método de traballo da obra gráfica e mostar tamén as súas cualidades artísticas.

Visita a Begano

Visita a Begano
Visita a Begano

Os alumnos de obradoiro de iniciativas emprendedoras de 3º e 4º de ESO e os de economía de 1º e 2º de Bacharelato visitaron o día 23 de outubro a factoría de Begano (Palavea – A Coruña) co fin de coñecer o traballo da fábrica coas liñas de produción dos diversos productos Coca-Cola e envasado dos mesmos.

O grupo estivo acompañado por Begoña López, profesora responsable de ambas marterias, e Jorge C. Calle, do departamento de xeografía e historia.

Viaxe cultural a Porto

Viaxe a Porto
Viaxe a Porto

O alumnado de 3º de ESO viaxou a Porto (Portugal) durante os días 6 e 7 de Marzo. A visita estivo organizada polos departamentos de Economía e Xeografía e Historia coa colaboración do proxecto TERRA do colexio de arquitectos. O obxectivo da viaxe foi coñecer a arquitectura portuguesa e as novas propostas, así como a identificación da identidade territorial de Galicia e do norte de Portugal.