Arquivos da etiqueta: Juan Santamaría

Échange Scolaire // Intercambio Escolar

VII º INTERCAMBIO ESCOLAR I.E.S.P. XOSÉ NEIRA VILAS DE OLEIROS-COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES.-

VII Intercambio Escolar
VII Intercambio Escolar

O intercambio escolar co Collège Notre Dame le Ménimur, é dende hai moitos anos parte da nosa vida como centro. Máis de 250 alumnos viviron esta experiencia, que usando as súas propias palabras “foi inesquecible”.
Co obxetivo de fomentar e profundizar no estudio da lingua francesa, 42 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato participan no VIIº ÉCHANGE SCOLAIRE que terá lugar entre os días 17 e 28 de marzo e estarán acompañdos polos profesores Dona Isabel López Mariño, Don Juan Santamaria e Don Carlos Vidal .
Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas fará diversas actividades : visita á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Saint Malo, Mont Saint Michel, Quimper , etc.); tamén asistirán ás clases no Collège Notre Dame Le Menimur e este ano e como novidade ao incoporarse o alumnado BACHIBAC asistirán as clases no Lycée Notre Dame Le Menimur
O Intercambio rematará coa visita a París e o último día irán a Eurodisney.
O alumnado francés e o profesorado acompañante serán os nosos invitados no mes de maio.

VIº Intercambio Escolar I.E.S.P. Xosé Neira Vilas de Oleiros-Collège Notre Dame Le Menimur Skolaj Diwan Ar Mor-Bihan de Vannes

VIº Intercambio Escolar
VIº Intercambio Escolarz Nieto

Un total de 32 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato participaron no VIº ÉCHANGE SCOLAIRE que tivo lugar entre os días 1 e 12 de abril. Estiveron acompañados dos profesores Don Juan Santamaria e Don Carlos Vidal.

Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas fixo diversas actividades : visita á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Quiberon , Mont Saint Michel, Dinan, Pont-Aven , etc.); tamén asistiron ás clases no Collège Notre Dame Le Menimur e a Skolaj Diwan ar Mor-Bihan .

O Intercambio rematou coa visita a París e o último día foron a Eurodisney.

Este ano viaxaron con nós 15 alumnos do IES Monte Neme de Carballo, acompañados da súa profesora de francés Sandra Rodríguez Nieto, que fan o Intercambio cos mesmos centros educativos.

O IES “Neira Vilas participou no proxecto “Découvrez la Galice” en Vannes (Francia)

O IES "Neira Vilas participou no proxecto "Découvrez la Galice" en Vannes (Francia)
O IES “Neira Vilas participou no proxecto “Découvrez la Galice” en Vannes (Francia)

A participación nas xornadas “Découvrez la Galice” realizado na cidade de Vannes o día 25 de febreiro, ten como obxectivo dar a coñecer a realidade cultural de Galicia. Participaron, por parte do IES”Neira Vilas” os profesores Pilar Morandeira, Juan Santamaría e Carlos Vidal e por parte de Vannes o Concello de dita cidade, o Instituto Notre Dame le Meninur” e a Agrupación Galicia-Bretaña. Esta actividade está dentro do marco do Proxecto Comenius Regio.

Máis información

Viaxe Europea do alumnado das seccións plurilingües e das seccións bilingües. Curso 2013-2014.

Viaxe Europea: Lisboa
Viaxe Europea: Lisboa

O día 16 de maio de 2013, 51 alumnos de 1º,2º,4º da ESO e 1º de Bacharelato, acompañados por 4 profesores emprenderon a “VIAXE EUROPEA. Este ano a Lisboa.

O programa foi o seguinte:

O día 17 estivemos no centro educativo portugués : Escola Básica de 2º e 3º Ciclos Ferreira de Castro de Ouressa (Algueirão-Mem Martins) pertiño de Lisboa, onde fomos recibidos polo seu director, Antonio Castel-Branco e profesores de francés e español. O alumnado do noso centro estivo nalgunhas clases, visitou o centro e comemos na cantina do mesmo. Agradecer desde aqui a colaboración e axuda da profesora Dona Elisabete Pires. Pola tarde visitamos o Oceanário de Lisboa.

O día 18 visitamos os arredores de Lisboa. En Sintra estivemos no Palácio da Pena , e pola tarde vistamos a “Boca do Inferno” e a cidade de Cascais ; mais tarde paseamos pola Praça do Comércio, a Baixa lisboeta, Rocio e o Chiado.

O domingo día 19 continuamos coa descuberta de Lisboa, estimos no CCB ( Centro Cultural de Belém) e visitamos o Museo Coleção Berardo onde disfrutramos dunha clase sobre arte moderna e así poder apreciar as obras dos artistas alí presentes. Despois acercámonos o Mosteiro dos Xerónimos; pola tarde paseamos en barco polo rio Taxo e fixemos a “Ruta dos Descubrimentos”.

O último día e de maná estivemos no Palácio de São Bento, sede do Parlamento portugués onde tivemos ocasión de visitar o edificio asi como coñecer o funcionamento deste órgano soberano do país veciño.

O ano que ven outra nova “Viaxe Europea”; o destino ……..sorpresa!!!!!

Románico e relax en Guitiriz

O día 11 de Maio, o alumnado de Relixión do Instituto fixo unha saída a Guitiriz, acompañados polo profesorado: Juán Santamaría e Isabel López Mariño. De camiño observaron igrexas románicas e visitaron o Balneario de Guitiriz para coñecer a procedencia das augas das que logo eles mesmos desfrutaron.

Durante a súa ruta a Guitiriz, fixeron a primeira parada no río Parga onde cruzaron unha ponte romana para chegar á capela de San Alberte unha edificación medieval moi ben conservada. A seguinte parada foi xa no municipio de Guitiriz para observar unha das espléndidas igrexas de Galicia a de Santa María de Lagostelle.

Chegado xa ao Balneario o alumnado coñeceu a procedencia das augas das instalación co pozo de san Juan, onde as augas sulfurosas causaron gran estrañeza visitantes. O alumnado rematou a súa xornada cunhas horas de relax nos baños públicos.

A saída foi moi produtiva polas paradas onde puidemos observar as igrexas románicas tan simples pero importantes de recoñecer. A visita foi de corto tempo e as explicacións do profesorado foron breves e ben entendidas. Xa en Guitiriz paseamos individualmente pola zona,e pareceunos un pobo tranquilo e bonito. No balneario desfrutaron da piscina e das instalacións onde había zonas onde a auga saía a chorros. Saíron todos moi relaxados.

Roteiro Ría do Burgo

Roteiro Ría do Burgo
Roteiro Ría do Burgo

Dentro da programación de Ciencias da Natureza, os tres grupos de 1º de ESO realizaron, os días 26, 27 e 28 de febreiro, un roteiro a pé que, partindo do instituto, pasaba pola praia de Santa Cristina, Paseo Marítimo de Oleiros, Ponte da Pasaxe e Paseo do Burgo.

Esta actividade tiña por finalidade traballar a observación do medio natural para recoñecer e valorar o ecosistema do medio mariño e litoral e descubrir a gran biodiversidade que se atopa na ría. Ao longo de toda a mañá, o alumnado levou a cabo diversos traballos. Empezou investigando os restos da arribazón para descubrir algunhas das especies que habitan no noso mar, A continuación parouse a observa a características do sistema dunar de Sta. Cristina. E rematou por clasificar algunhas da aves presentes na ría do Burgo a tempo que recibían información sobre o marisqueo na zona e a historia da ponte da Pasaxe.

O roteiro foi guiada por dous educadores medioambientais contratados polo Servizo Municipal de Educación de Oleiros.

Entrega de premios do concurso de microrrelatos de amor

Entrega de premios do concurso de microrrelatos de amor
Entrega de premios do concurso de microrrelatos de amor

O xoves 21 de Febreiro foron entregados os galardóns a: Elaine Silvestre Macena de 3º de ESO pola obra en galego “Sempre contigo” , Andrea Docampo Sánchez de 4º de ESO pola obra en francés: “L`amour est beau” e a Oriana Morín Ampueda de 3º de ESO por a obra en Español “Somos” . Os premios foron entregados polos profesores encargados da Biblioteca, Fernado Vidal e Isabel López Mariño e polos catedráticos de Galego, Francés e Castelán.

Convocatoria do Concurso

Mobilidade Comenius Regio

Mobilidade Comenius Regio
Mobilidade Comenius Regio

Desde o 8 ao 13 de febreiro unha comitiva de representantes dos socios en Galicia do Proxecto educativo europeo Comenius Regio “Échangeons notre échange scolaire!”, entre os que estaban 3 profesores do IESP Xosé Neira Vilas, participaron na primeira das mobilidades para celebrar un encontro cos seus socios en Vannes (Morbihan – Francia). Ademáis do noso centro participa pola parte galega do proxecto a Consellería de Cultura, Educación e O.U., a APFG -Asociación de Profesores de Francés de Galicia- e o IES Monte Neme de Carballo.

Máis información sobre a mobiliade. [Blog do proxecto: www.galiregio.blogspot.com]

Visita a Betanzos

Visita a Betanzos
Visita a Betanzos

O alumnado de Relixíón visitou a cidade de Betanzos 22 de Novembro e aproveitouse para coñecer a historia e arte do lugar. Foron visitados a igrexa de Santiago, a de san Francisco a de Santa María de Azogue, a arte medieval e os principais eixos da arquitectura do lugar. Tamén foi visto o xardín do Pasatempo e ainfluencia da aruitectura do século XX.

Tarde no Aquapark

O día 13 de xuño cincuenta alumnos disfrutaron como “patos” no parque acuático de Cerceda, foi toda unha tarde de diversión nos toboganes, nas piscinas e na merenda. Foron acompañados polos profesores: Pilar Vieites, Pilar Morandeira e Juan Santamaría.