O venres día 11 de abril realizáronse diversas actividades como clausura da semana.
Ás 10.30 horas arrancaron os Xogos Culturais nos que participaron parellas de alumnos de ESO agrupados por niveis que competían entre sí nun total de doce probas nas que tiñan que demostrar as súas destrezas e coñecementos.
Esta actividade estivo dirixida polo alumnado de BAC 1º e nela resultaron gañadores Kevin Gabella, Pablo Basante (1º), Adrián Cañedo, Diego Chenlo (2º), Sofía Fachas, Irene Míguez (3º), Iris Vidal e Ariadna López (4º) que recibiron un libro de agasallo.
A continuación presentouse o traballo “2014: o ano do Brasil” no que se dan a coñecer diversos aspectos da realidade deste pais do que provén un importante grupo do noso alumnado entre os que están os que asumiron esta presentación: Claudio Matheus, Vítor de Carvalho, Víctor de Mattes (ESO 1º), Bruna Brasileiro, Davi Carro (ESO 2º), Nathalia de Oliveira, Ellen (ESO 3º) e Lucas Paulino (ESO 4º).
Rematou a xornada coa actuación de Iván Ceán (ESO 2º), Irene Casas, Daniel Sánchez (ESO 3º), Adrián Mahía, Sergio Ceán, (BAC 1º) que presentaron os monólogos cos que participaran na final do concurso Oleiros Comedia que se celebrará en mes de xuño no auditorio Gabriel García Márquez de Mera.