Alumnos de física e química de 1º de Bacharelato asistiron o día 22 de maio no Centro Social dos Mallos ao Primeiro Encontro Científico CORUÑACERN. Esta actividade científica organizada polo IES Urbano Lugrís, pretende dar a coñecer o CERN, siglas empregadas para referirse á “Organización Europea para a Investigación Nuclear”, e tamén espertar vocacións científicas nos alumnos dos últimos cursos do ensino secundario.
Programa de Actividades
- Conferencia : Susana Mataix. Que é o CERN?
- Conferencia : Margarita Cimadevila. Science, Art & CERN.
- Conferencia: Mar Capeáns. Experimento ATLAS: o soño acadado.
- Obradoiro : Francisco Barradas. Visionado de neutrinos en Cámara de Néboa.
A noticia en “La Voz de Galicia“