O pasado día 15 de Abril o alumnado de 1º curso realizou prácticas de arqueoloxía acompañados polos profesores de Xeografía e Historia: Jorge Calle, Xosé Antón García e Carmen García Rodeja e guiados polos seus compañeiros monitores.
Un grupo de alumnos de 1º curso da ESO, visitou o Museo arqueolóxico da Coruña para preparar as actividades da visita que realizarán cos seus compañeiros e que serán monitores.
A actividade foi realizada polo Departamento de Xeografía e Historia e o alumnado foi acompañado pola profesora Carmen García-Rodeja. No Museo desenvolveron o proxecto de traballo que é a realización dunha guía didáctica que eles, como monitores, prepararán para organizar a visita cos seus compañeiros. Foi desenvolvido o proxecto incidindo en cada unha das seccións do Museo arqueolóxico para identificar as pezas e implicalas no contexto histórico. Tamén foi realizado un taller de arqueoloxía coa catalogación de obxectos e un obradoiro de cerámica.
O alumnado de 1º curso acudíu ó museo arqueolóxico no castelo de San Antón o día 18 de Decembro acompañdo polo profesorado de Xeografía e Historia. Alí ensinaronselles as pezas expostas e realizaronse as actividades didácticaa a partir dos obxectos do museo. A actividade foi dirixida polos seus monitores e coordinados pola comisión de orde, posteriormente foron recibidos pola directora e os arqueólogos onde realizaron un taller de arqueoloxía.
Os monitores participantes nesta actividade foron: Eva Carreira, Daniela Ferreira, Orleni Mateo, Lara García, Hugo Fernández, Laura Fernández, Nicolás Escourido, Ezequiel Caballero e Lidia Fafián e fixeron a cooordinación de orden; Nelson Peña, Vitor de Carbalho e Karol Fidelis.
O grupo de alumnos monitores de 1º realizou o día 13 de novembre a visita ó museo arqueolóxico de A Coruña para a preparación da actividade didáctica co compañeiros. Realizaronse as actividades da visita á sección de arqueoloxía e tamén o fichado de pezas en colaboración coa arqueóloga. Os alumnos monitores son: Eva Carreira, Daniela Ferreira, Karol Fidelis, Orleni Mateo, Lara García, Vitor de Carballo; nocolás Escourido, Yvana Cadahío, Hugo Fernández e Ezequiel Caballero.
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)