Arquivos da etiqueta: Olimpíada do Saber

A Olimpíada do Saber

(Ver a clasificación da Olimpíada)

Bases Xerais

  • A Olimpíada do Saber
    A Olimpíada do Saber

    Establécense unha soa modalidade:

  • ESO e BACHARELATO
  • Cada día, de Luns a Venres ás 10:15 a.m. publicarase nos taboleiros do vestíbulo e da entrada da Biblioteca, “A pregunta do día” unha pregunta de cultura xeral.
  • Ademais, todas as semanas, alternativamente, proporase, ademais da pregunta diaria, “A Aposta da Semana” ou o xogo de “Pista a Pista”(Ver bases).
  • A inscrición de equipos farase na Biblioteca en calquera momento, antes ou durante a Olimpíada
  • O profesor encargado da Olimpíada (Xosé Manuel Martínez Fraguela ) dará fe da entrega das respostas
  • Ao remate da Olimpíada, e en caso de empate, celebrarase un desempate en lugar e hora axeitadas.
  • Os equipos estarán compostos por cinco membros como máximo, PODENDO SER OU NON DA MESMA CLASE, CURSO e NIVEL (ESO e BACH.).
  • O equipo que ao final acade máis puntos será o gañador do concurso.
  • Os profesores/as non deben resolverlles a pregunta, como única axuda poden orientalos sobre o tipo de libros a consultar.
  • Se o xurado detecta outro tipo de axuda descalificará ao equipo concursante.
  • En caso de reclamación, ésta entregarase por escrito na Biblioteca antes das 10:15 do día seguinte á publicación da resposta motivo da citada reclamación.

Os premios consistentes en material deportivo e/ou cultural, serán:

  1. premio por valor de 150 €uros ó equipo clasificado en 1º lugar
  2. premio por valor de 100 €uros ó equipo clasificado en 2º lugar
  3. premio por valor de 50 €uros ó equipo clasificado en 3º lugar

Pode descargar as Bases Olimpíada [pdf.gif, 0 kB 41 kb]

 

Premios Olimpíada do Saber

(Ver as bases da convocatoria)

Exposición de Fraguela correspondente ao acto de entrega de premios 30/V/2008

A Olimpíada do Saber
A Olimpíada do Saber

Ola!, como ben sabedes, este ano foi a posta en marcha no IES Xosé Neira Vilas da olimpíada do saber.

Como case que todas as cousas, e incluso a vida, comézase chorando ou mesmo con dificultades e/ou mal.

Non lembrades o anuncio da tv? Si, home …, o de Picasso a quen lle tiveron que botar o fume do tabaco para que vivira, pois crían que nacera morto.

Pois ben, co paso do tempo imos cambiando e no que respecta á Olimpíada pasounos exactamente igual, démonos conta dos erros cometidos e tentamos enmendalos sobre a marcha, e dende logo o noso compromiso é enmendalos cara ao futuro. As vosas suxestións foron, son e serán esenciais para mellorar; por iso:

Premiaremos a participación (a nivel económico e académico).

Trataremos de potenciar a AUTOESTIMA, evitando o abandono prematuro, o pesimismo e aprenderemos a superar as dificultades, a non dar nada por perdido NUNCA.

Sabedes que eu son futboleiro e deportivista, pois apañados iamos se nos deixáramos levar polo pesimismo ao remate da primeira volta (penúltimos con 17 puntos e a 5 da salvación)…

Iso tamén pode pasar na Olimpíada do saber, tédeo sempre en conta.

ÁNIMO! Pensando xa no curso 2008/2009.

CLASIFICACIÓN DESTA Iª OLIMPÍADA

1º LUGAR, diploma e 150 €: Carlos Ríos, Edgar Rama 2º Bach, 72 puntos.

2º LUGAR, diploma e 100€: Iago Alves, Cibrán Tenreiro 2º Bach, 70 puntos.

3º LUGAR, diploma e 50€: Adrián Freire, Pablo Quiroga, Sergio Caamaño 2º ESO, 70 puntos.

Para clasificárense no 2º e 3º posto, tivo lugar un desempate na Biblioteca.