Arquivos da etiqueta: Prestige

A Cadea Humana

Programa de Actos

  • 12. saida. O alumnado saiu por cursos acompañado polo seu tutor ou profesor acompañante baixará pola rúa darwin cara á praia de santa cristina polo paseo ata o final.
  • 12.30. Colocacion na praia. O alumnado colocouse no lugar que lle correspondeu por cursos, durante ese tempo e ó longo da saida fixeronse as fotos.
  • 12.50. Cadea na praia. Formouse a cadea humana ó longo da praia de santa cristina ate a 1.05 lecturas lectura do manifesto, lectura de poemas e evocación o mar de galicia flores deixadas no mar
  • 1.20 retorno ó centro educativo

MANIFESTO 1

Estamos eiquí, o Instituto Neira Vilas de Perillo, todos xuntos, en conexión cos nosos cincuenta mil compañeiros que se están unindo na costa da morte, na cadea humana de Laxe a Muxía.

Porque a pesar de poñernos atrancos non nos van facer calar.

Estamos eiquí porque exercemos o dereito democrático a exerce-la nosa libertade de expresión.

Porque a mocedade tamén temos opinión e exercémola.

Estamos eiquí porque o mar é a nosa vida, a fonte de riqueza e esperanza e non o queremos verlo convertido “nun vertedeiro e os nosos soños nunha pesadilla”

Porque queremos estar coa xente que “sufre e chora un pranto cotidian de volvoretas”

Estamos eiquí porque esta é unha situación de emerxencia con graves consecuencias económicas, sociais, medioambientais e de saude. E abandonaronos.

Porque necesitamos dotación económica para paliar as consecuencias na pesca marisqueo e e industrias derivadas. E non esmolas.

Estamos eiquí para reivindicar plans de prevención e de emerxencia.

Para esixir que a nosa costa non sexa un vieiro de irresponsables.

Tamén estamo eiquí para dar as gracias a todos os nosos amigos do mundo enteiro polo su ánimo, polo seu traballo, polas súas cartas, pola súa solidariedade.

Sabemos que non estamos sos.

E ó cabo. Estamos eiquí porque cremos que outro mundo é posible, cun modelo enerxético sostible, cun mundo en equilibrio e cos pobos en paz.

Porque nos somos natureza, porque nos somos mar.

Así esiximos que:

¡NUNCA MÁIS!

Lido por UNAI LECETA BÉLMEZ

MANIFESTO 2

O NOSO MANIFESTO

Pasan os dias e fica xa lonxe, lonxe, lonxe a imaxe perfeita e acompasada do mar bailando polas nosas costas. Non é hora, nen muito menos, de facer honra ao pasado ou de traer ao caso ese costumismo pasado de torca e abafante destes dias que tanto dano fai. A situación non ha de cambiar por muito que cantemos o fermosas e únicas que son as nosas costas. Ha de cambiar se lle dicemos a todo o mundo que o especial delas radica, única e exclusivamente en que son nosas.

Por iso é hora xa, sen dúbida, de espellar-nos nun futuro claro. É hora de quitar-se os veos e de coller as cousas polo fondo, alá ben pola raíz, e limpa-lo todo de arriba abaixo.Hai que aventurar-se a viver sen que os intereses neoliberais sexan quen de hipotecar-nos a vida, o futuro,o presente e as consciéncias. Temos que erguer xa o que nos deixaron de país,lembrando-lle sempre o que sucedeu e sucede.

O tempo marcha e o minuteiro indica-nos a hora de erguer os ollos ao sol, prender un facho co seu lume e queimar-lle a consciéncia a quen hoxe está pensando en seguir a sua eterna repichoca de falsidade. É,xa que logo a nosa hora: a da mocidade. Temos que recompor isto, o que fica logo dun desatre sen precedente que se agocha non só en cada mareia que chega á costa. Temos que atallar todo isto xa.

As cousas reviram-se e mais que se han de revirar, pero non deixa de ser paradóxico e extraño que para erguer un país xa roto, teña que caer até o fondo, vendo detrozados os médios de subsisténcia de miles de persoas. Temos a necesidade de construir a nosa história coas nosas próprias mans, sen actores ou actrices allei@s á situación, allei@s a nós.

Cómpre-nos dicer a nós, moz@s da nosa Terra, se pensamos seguir indo costa abaixo ou encarados ao porvir. Agora toca-nos dicer que hai algo alén desta noite de morte. Temos que coller os nosos fachos ben dispostos e facer-nos ouvir, dando-lle a saber á xente que é certo que un outro mundo é posíbel. Nós, queremo-lo ver xa!

MARIA OSORIO LÓPEZ (16 ANOS)

1º de Bacharelato do I.E.S. “Praia Barraña” de Boiro

(Estracto do artigo “NÓS, QUEREMO-LO VER XA”)

Lido por ALBA CORTÉS PATIÑO