A iniciativa de distintos departamentos abordáronse as seguintes temáticas:
Cinema: co visionado de “Lope” de Andrucha Waddington para BAC 1º; “El club de los poetas muertos” de Peter Weir para ESO 3º-4º; e “Un puente hacia Terabithia” de Gabor Csupo para ESO 1º-2º.
Charla: Xornalismo hoxe con Gemma Malvido, redactora de La Opinión A Coruña, para ESO 3º.
Os profesores eméritos de Física e Química do centro, Ramón Romero Pardo e Antonio Varela Caamaño, presentan a actividade Ciencia Recreativa. É unha continuación das actividades: “Química Máxica”, “Maxia?, Non Ciencia” e “Química?, Non Ciencia” que o Departamento de Física e Química desenvolveu primeiro na Semana da Ciencia durante 3 anos e logo na Semana Intercultural nos últimos 5 anos.
A actividade, que será gratuíta, terá lugar os xoves pola tarde en grupos reducidos nos laboratorios de Física e de Química do centro.
Como xa é tradicional, os profesores Ramón Romero Pardo e Antonio Varela Caamaño do Departamento de Física e Química, dentro da programación da Semana Intercultural, organizaron a actividade “Maxia? Non, Ciencia”.
A actividade estaba dirixida a todo o alumnado do centro, que en 14 sesións repartidas ao longo da semana foi pasando polos laboratorios de física e química.
En cada unha das sesións realizáronse un conxunto de experiencias de física, química e matemática recreativa.
As experiencias deste ano foron as seguintes:
Cru ou cocido
Como se pode saber sen rompelo se un ovo con cáscara está cocido ou non?
Fritir en frío
Facendo uso dun “aceite máxico” frítese un ovo sen quecelo.
Estamos no fondo dun mar de aire
Un ovo cocido entra e sae dun recipiente empurrado polo aire que nos rodea.
Unha bomba de vacío simple e barata
Facendo o vacío e medindo a presión con materiais sinxelos.
Pilas caseiras
Construindo pilas caseiras con patacas e limóns para logo alimentar con elas calculadoras, cronómetros e leds.
O Departamento de Física e Química pretende contribuir ao Ano Internacional da Quimica que se está a celebrar neste ano 2011 coa actividade “Maxia? … Non, Química”. Esta actividade que forma parte da Semana Intercultural e está dirixida a todo o alumnado do centro presenta unha serie de experimentos aparentemente máxicos que sen embargo teñen unha sinxela explicación química.
Os “trucos” que se presentan na actividade son:
A botella azul
Nunha botella hai un líquido incoloro que cando se axita vólvese azul. Ao cabo duns minutos volve a ser incoloro. O proceso pode repetirse varias veces.
Cambios de cor: Fenolftaleína e extracto de lombarda
Cando se mesturan diversos líquidos incoloros aparecen cores que desaparecen e volven a aparecen en novas nesturas.
Velas que se apagan cun líquido invisible
Prepárase nunha xarra un “líquido invisíbel” e emprégase posteriormente para apagar varias velas.
O papel que arde cando se lle sopla
Unha folla de papel arde cando se sopla por enriba dela.
Sacar unha moeda da auga sen mollarse
Cunhas cerillas e un vaso a auga desaparece.
O naufraxio do Casón
A actividade remata coa reproducción a pequena escala do acontecido no ano 1987 cando o cargueiro Casón embarrancou nas costas de Fisterra.
Ano Internacional da Química
Toda a materia coñecida -gasosa, líquida ou sólida- está composta por elementos químicos ou por compostos formados por ditos elementos. O coñecemento que os humanos temos do noso medio natural está baseado nos nosos coñecementos de química, e aínda máis, tódolos procesos que teñen lugar nos seres vivos están controlados por reaccións químicas.
A Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) e a UNESCO acordaron a proclamación de 2011 como o Ano Internacional da Química xa que é hora de celebrar os logros da química e a súa contribución ao benestar da humanidade. As actividades organizadas durante este ano pretenden:
Aumentar a apreciación pública da química como resposta as necesidades do mundo.
Fomentar o interese da xente nova pola química.
Celebrar as contribucións das mulleres ao mundo da química así como os principales fitos históricos, especialmente o primeiro centenario da concesión do Premio Nobel a Marie Curie e da creación da Asociación Internacional de Sociedades Químicas.
Era marzo, amencendo abril. Tempo de aprendizaxe e lecer, tempo de recepción e exposición. Mentres unha exposición sobre a muller innovadora na ciencia se exhibía no corredor inferior, mentres alumnado de diversos cursos participaban nun intercambio cun centro bretón, alumnado e profesorado do IES Neira Vilas debullaba e asimilaba os variados coñecementos e visitas que no centro se teceron na Semana Intercultural 2009.
Do 30 de marzo ao 3 de abril tiveron lugar toda unha serie de actividades que integraron letras e ciencias, que nos acompañaron nun paseo pola cultura e o entretenemento. Falouse de trasplantes, da loita da muller polos seus dereitos, de aforro enerxético, de experiencias científicas, da meteoroloxía nas obras de Verne, do surf, do decrecemento, da astronomía, de Darwin… Comemos sopas de diversos lugares do mundo, tan variados como a procedencia do noso alumnado, percorremos boa parte dese mundo na proxección clásica de “A volta ao mundo en oitenta días” (1956), aprendemos da nosa contorna con saídas para concienciarnos sobre a necesidade de reciclar. Todo un rebumbio cultural que non queremos deixar de repetir cada ano.
Por iso ten que quedar na nosa lembranza este momento, porque a colaboración do profesorado foi excepcional, porque a participación do alumnado foi exquisita -e non só do noso, tamén tivemos visita dos nosos veciños de Bastiagueiro, do IES María Casares-, porque a colaboración desinteresada dos diversos poñentes foi un agasallo.
É tempo de agradecer a todo o mundo o seu esforzo, sen esquecerse de ninguén: alumnado, profesorado, concelleira, membros do CEFORE, conserxes, limpadoras. Isto non fixo máis que comezar. O ano vindeiro, MÁIS!!!
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)