D. Serafín Mourelle, impatíu na súa conferencia unha peqeuna historia do século XX en España e as dificultades polas que atravesou a implantación da modernidade.
A continuación falou das dificultades que tivo na súa propia vida e a represión sufrida por el e a súa familia durante a súa infancia, contounos tamén o su inicio como militante no Partido Comunista e as razóns da súa loita contra a dictadura.
Como patrón de barco tamén nos contou a súa vida no mar e os paises coñecidos.
Durante a conferencia estivo acompañado polo seu neto, Mateo, un rapaciño atento e emocionado coas vivencias do seu abó. El foi quen nos mostrou o sextante do su abó.
A conferencia foi seguida dun interesante coloquio.
Durante o mes de Abril celebráronse unha serie de charlas e visionado de películas, dentro das actividades do Departamento de Historia.
Estas actividades están en relación co traballo realizado en cuarto de ESO sobre as biografías dos seus abós.
A charla de : D. Serafín Mourelle, foi organizada polos a alumnos de cuarto B, Nicolás Villegas, Noelia González e Juán Martínez Piñeiro. Foi lido o poema de Celaya “la poesía es una arma cargada de futuro” por Nuria Amado, Ana Barcón, Laura Grobas e Héctor Galindo.
Dª Carmen Miguez Sanguiñedo, foi acompañada na charla por Tamara Rosende e Angeles Albacete, formaron parte da comisión de organización Cristian Garea e Oscar Vázquez. Jéssica Vilariño e Jénnifer Alvarez leron uns poemas de Juan Gelman e de Benedetti.
O filme “Ay Carmela” de Carlos Saura foi organizado por Claudia Calvelo e presentado por Patricia Villar.
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)