O día 7 de abril, no arranque da semana, o alumnado de 1º, 3º de ESO e 1º de BAC tivo un encontro con Xosé Neira Vilas para testimuñar o noso recoñecemento a ese gran escritor que da nome ao noso centro. Á chegada ao instituto o autor de “Memorias dun neno labrego” foi recibido polo director e unha representación do profesorado e do alumnado. Xa no salón de actos fixose unha lectura dalgúns dos seus relatos curtos a cargo de Marta Rodríguez, Miguel Pozo (ESO 1º), Nathalia de Oliveira, Irene Casás (ESO 3º), Jorge Luciano Murchio e Antón Blanco (BAC 1º).
Rematou o acto cunhas palabras do noso querido Xosé animando ao alumnado a se esforzar para acadar a formación que lles permitirá desempeñar no futuro o papel que lles corresponda na sociedade.
O luns tivo lugar no salón de actos a celebración dos nosos 25 anos.
Interviron no acto Agustín Fernández Gago (director do instituto), Xoan Ignacio Taibo Arias (escritor recentemente xubilado como profesor do centro), Indalecio Cabana Leira (xefe territorial da Consellería de Educación), Fernando Gonzalez Laxe (presidente da Xunta de Galicia cando se inaugurou o instituto), Ángel García Seoane (alcalde de Oleiros) e Xosé Neira Vilas.
Estiveron presentes unha representación da inspección educativa, do concello de Oleiros, da asociación de nais e pais de alumnos, da parroquia de Sta Leocadia e doutros institutos de Oleiros xunto a antigos profesores e persoal non docente así como unha representación do profesorado, persoal non docente e alumnado actual.
Presentáronse un total de 28 traballos repartidos entre as tres categorías do certamen.
Os traballos gañadores son:
“A viaxe da pequena Galia”, autora Galia Usatorre Cabaleiro (1º ESO do IES Miraflores), na categoria de 1º e 2º da ESO.
“O corazón no maleteiro”, autora Sara Ylenia Ambroa Búa (4º ESO IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas), na categoría de 3º e 4º da ESO.
“Cando perdín o meu bosque”, autor Sergio Ceán Vázquez (1º Bacharelato IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas), na categoría de bacharelato e ciclos formativos.
Os premios foron entregados por Á ngel García Seoane, alcalde de Oleiros, o día 7 de abril no acto de celebración do 25 aniversario do noso instituto ao que asistiu Xosé Neira Vilas e a práctica totalidade dos participantes no concurso.
Resumo da acta do xurado:
O xurado do Concurso de Relatos Curtos 25 DO NEIRA reuniuse o día 4 de abril de 2014 baixo a presidencia de Sandra Fernández Fernández, concelleira de educación de Oleiros, e coa asistencia de Rosa García Vilariño e Ana María Crego Yañez, dos departamentos de Lingua Galega dos institutos de Oleiros, xunto a Maria Luz e Uxío Pedreira, das bibliotecas de Oleiros, e Xoan Ignacio Taibo Árias, escritor. Actuou de secretario, Agustín Fernández Gao, director do IESP Xosé Neira Vilas.
Entre os seus acordos figura seleccionar os traballos finalistas e o premiado en cada categorías:
Categoría primeira (alumnado de 1º e 2º de ESO):
Relatos Finalistas: Memorias da infancia (pseudónimo Luna Llena) A viaxe da pequena Galia (Galia), Memorias da infancia, (Diamante), Fuxida dun artista (Lucero), Lembranzas dunha tarde de inverno (Pimur), A soidade (Artista da pista)
Relato gañador: A viaxe da pequena Galia, autora Galia Usatorre Cabaleiro (1º ESO do IES Miraflores)
Categoría segunda (alumnado de 3º e 4º de ESO):
Relatos Finalistas: Emilie (Málvary), Memorias da infancia (Ceo azul), O corazón no maleteiro (Beiramar).
Relato gañador: O corazón no maleteiro, autora Sara Ylenia Ambroa Búa (4º ESO IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas)
Categoría terceira (alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e ciclos formativos):
Relatos Finalistas: O cadro (C. OATS), Cando perdín o meu bosque (Peter Pan), Unha noite calquera (Alejandro Losada)
Relato gañador: Cando perdín o meu bosque, autor Sergio Ceán Vázquez (1º Bacharelato IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas)
Ao celebrarse o 25 aniversario do instituto era preciso deixar constancia nun lugar emblemático do recoñecemnto á persoa que lle da nome. Pensouse que a mellor forma sería por medio dun mural ubicado na entrada principal do centro que fixera referencia á figura de Xosé Neira Vilas, ao seu libro senlleiro “Memorias dun neno labrego”, ao seu espazo vital no concello de Vila de Cruces e ás súas palabras. O mural foi deseñado por Senén Olano e inaugurado ao inicio da Semana 25 do Neira.
Xosé Neira Vilas, o gran escritor galego e persoa que da a seu nome ao noso instituto, visitounos o día 31 de outubro acompañado de Valentín García, Director Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e Angel García Seoane, Alcalde de Oleiros.
Á chegada ao centro, foi recibido por Agustín Fernández, Director do Instituto, e unha representación dos delegados do alumnado que lle deu a benvida e lle entregou un ramo de flores. A continuación Neira Vilas mostroulle ao Director Xeral o fondo editorial que se leva xuntado no Instituto, con practicamente todas as edicións dos seus libros, así como os paneis que recollen unha breve reseña da súa biografía.
Seguidamente asinou dedicatorios para os diversos grupos de alumnos que llo pediron e compartiu uns minutos co profesorado e persoal non docente.
Como remate da mañá, Neira Vilas trasladouse ao Centro Cultural A Fábrica onde mantivo un encontro co alumnado de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato para lles presentar a exposición “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun Neno Labrego”, organizada
O IESP Neira Vilas incorpórase no curso 2011-12 á Rede Abalar con dúas aulas Abalar correspondentes aos grupos de 1º de ESO.
Diploma de estudos en lingua francesa
13 alumnos e alumnas do centro de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato presentáronse ao exame do DELF, Diploma de Estudos en Língua Francesa, certificado que expide o Ministerio de Ensino francés. Conseguírono todos eles con moi boas cualificacións. ¡Noraboa!.
O ministro de Educación felicita ó Instituto Neira Vilas
As numerosas actividades europeas desenvolvidas polo centro educativo fixeron que o alumnado recibira o día 14 de xunio unha carta do ministro de Educación José Ignacio Wert felicitando “polas actividades tan enriquecedoras e de apertura a Europa”
Semana Intercultural 2012
Do 26 ao 30 de marzo o IES Xosé Neira Vilas organiza a 4ª edición da Semana Intercultural que ten como tema central o II centenario da Constitución de Cadiz.
O xoves 1 de marzo, o alumnado do clube de lectura de segundo curso de ESO e de 1º de Bacharelato, visitaron a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, dentro das xornadas de portas abertas que se organizan para dar a coñecer os sus estudos e as instalacións, entre elas a biblioteca especializada, con máis de 80.000 volumes accesible ós estudantes e tamén a calquera que estea interesado.
Cinco minutos de silencio
O día 27 de febreiro o alumnado, profesorado e resto de personal concentrouse ás 12 da mañán con cinco minutos de silencio no patio do centro en repulsa polas cargas policiais en Valencia.
Alumnado do Instituto participa na homenaxe a Rosalía de Castro
Os alumnos: Sara Castro, Martín Mejuto e Camila Bargados de 1º de Bacharelato perticiparon o día 24 de Febreiro no kiosko Alfonso de A Coruña na lectura de poemas en homenaxe a Rosalía de Castro no seu aniversario.
Lectura dramatizada de “El Quijote”
O alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato escoitarán textos de Cervantes dramatizados o día 14 de Febreiro na biblioteca Rialeda de Perillo
Obradorio de banda deseñada con Manuel Cráneo na biblioteca Rialeda para 1º da ESO
O alumnado de 1º de ESO asistirá o día 3 de febreiro ó taller de cómic que xa desde outros ano tivera un enorme éxito entre o alumnado do Neira Vilas.
Exposición sobre as brañas de Sada
Durante o mes de xaneiro temos unha exposición de carteis, elaborada pola delegación das Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural, sobre as Brañas de Sada. Contén unha detallada información gráfica e escrita sobre a flora e fauna e ten como obxectivo reivindicar a importancia das zonas húmidas na conservación do medio natural.
Charlas de prevención de accidentes e lesións medulares durante o mes de Decembro
O alumnado de 3º e 4º tivo ocasión de coñecer de primeira man, as causas dos accidentes, as normas básicas para a actuación cando isto acontece, as normas de prevención de lesións graves e as consecuencias para a saúde física e psíquica.
As charlas foron organizadas por AESLEME (Asociación para a prevención de lesións medulares) en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. O médico e fisoterapeuta explicaron ó alumnado dun xeito sinxelo e con audiovisuais estes contidos tan necesarios para a concienciación e prevención destes accidentes.
A valoración da actividade, tanto por parte do profesorado organizador como do alumnado foi moi positiva, quedando en consideración a inclusión desta actividade no Plan de Acción titorial para os vindeiros cursos.
Tese de Doutoramento
O mes de setembro pasado, a ex alumna deste centro, Naira Albaina Balerdi defendeu a súa tese de doutoramento titulada “Biomonitorización de contaminación por TBT y genética poblacional enNassarius reticulatus (L) y N. nitidus (Jeffreys) en el NE Atlántico” que foi calificada cun merecido sobresainte Cum laude.
¡Noraboa Doutora!
Memorias dun neno labrego
Dentro das actividades para a conmemoración do aniversario de “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas nas que xa estivemos participando, o día 13 de outubro o grupo de lectura da Bilioteca do noso centro e o Departamento de Galego organizan unha visita ó Forum metropolitano e asistencia á peza de teatro que recrea a obra literaria represantada por Cándido Pazó que xa estivera no noso centro con grande éxito. Está organizado para 3º e 4º curso.
Exposicións: “Orixes” e “Primeiras civilizacións
Os grupos de 1º da ESO estiveron o día 14 de outubro na Coruña para visitar as exposición sobre Antigo Exipto e Mesopotamia e sobre a orixe do ser humano. A actividade foi organizada polo Departamento de Historia. [Pode ver un vídeo da visita]
Xosé Neira Vilas naceu en Gres (A Estrada) o 3 de novembro de 1920. É, como moitos outros galegos emigrante en Buenos Aires. Desde 1949 leva nesa cidade un intenso contacto con exiliados e realiza unha gran labor de difusión da cultura galega.
En 1957 casa con Anisia Miranda, cubana. Nese mesmo ano, Neira Vilas e Anisia van residir a Cuba, alí vive ata 1983, data que se xubilou. Nos trinta e un anos que residíu nese país, escribiu a maior parte da sua obra literaria.
Hoxe vive en Galicia, no seu pobo natal.
É membro numerario da Real Academia Galega, Doctor Honoris Causa polas Universidades de A Coruña e La Habana, Premio da Crítica Española e premio da Crítica Galega. Está en posesión da medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas.
A súa producción literaria é moi ampla e abrangue dende a poesía de temática social ata relatos e ensaios. A vida e a situación de Galicia está presente sempres na súa producción literaria. A novela “Memorias dun neno labrego”, unha das máis coñecidas ten máis de trinta edicións y está traducida a máis de quince idiomas.
Na nosa semana cultural acudíu ó noso centro a darnos unha charla sobre a súa interesante vida, sobre os seus libros e contounos un pouco a súa experiencia. Estamos moi orgullosos e agradecidos de que nos visitara.
Entrevistado por Beatriz Motos e Stephanie Torres
“A miña próxima novela será sobre un home que perde bus que o leva ó barco que vai a América, mentras reflexiona sobre o que deixa atrás”
¿En que se inspira para escribir os seus libros?
Inspírome na realidade, parto das propias experiencias, no que un ve, no que un percibe, no que un o rodea, inspírome na vida mesma, nas experiencias vividas.
¿Cal foi o motivo que o levo a escribir?
É a miña vocación desde neno, eu empecei a escribir con nove anos, pero logo seguin escribiendo, naturalmente ainda non me propoñia ser un escritor pero logo seguin com esta afición. Con vinte anos emigro a Arxentina, alí descubro Galicia, con mestres moi importantes dos cales fun amigo, como Luis Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, Ramón de Valenzuela … Descubro que hai moitas revistas, emisións de radio importantisimas… Buenos Aires daquela era a capital cultural de Galicia, tiña catrocentos mil galegos nativos emigrados alí -máis que a población de Coruña e Vigo xuntos- e ali xurde a miña vocación unida ao meu descubrimento da presedencia histórica e cultural de Galicia, polo tanto escribin xa en galego, escribin poesía, contos, artículos e de todo. En 1960 publico o meu primeiro libro “Dende lonxe”, logo “Memorias dun neno labrego”, que foi traducido en moitos idiomas, tamén foi utilizado para teatro, publicáronse mais de catrocentos cicuenta mil exemplares, estos son as dúas únicas obras que publiquei en Buenos Aires, pero seguin escribindo periodismo e libros. No ano 61 a miña experiencia cubana foi moi importante, foi donde escribin a maioria da miña obra, e foi en Cuba donde completei libros que empezara en Buenos Aires, como “Xente no rodicio”.
¿Cal foi o libro que mais lle gustou de todos os que ten escrito?
É moi difícil que un pai che diga cal e o seu fillo preferido. Aunque hai unha novela que quero moito que se chama, “Querido Tomas” e tamén “Aqueles anos de Moncho” e algunhas de investigación como “Castelao en Cuba” que e un libro moi elaborado, “Relatos mariñeiros” que e un libro de contos… son moitos os preferidos por non dicir todos.
¿Cómo e cando escribe?
Un libro é unha longa elaboración. Primeiro se necesita unha idea que xurden nun momento dado, pero si esta idea acude reiteradamente a cabeza, acaba escribindose, logo hai que buscar información e ir xuntándoa. Hai un libro que escribin hace moitos anos “Neira Vilas en Arxentina”, é unha entrevista na que nunha parte falo do proceso de creación dun libro. Eu escribo os fins de semana, en vacacións, eu escribo en calquera momento e en calquera sitio. Para escribir, o máis importante é a idea que vai medrando nun. O outro día ocurríuseme unha idea -e pode que sexa a próxima novela que escriba- é un mozo de 18 ou 19 anos que emigra, e logo ese mozo que de tanto tempo que emprega en despedirse dos pais e dos irmáns, perde o coche de linea que el ten que coller para chegar a Vigo para coller o barco. A sete kilómetros pasaba un coche chamado o leiteiro que viña de recoller leite, e seguia para a cidade…. A novela consiste nunha reflexión -mentres él espera ao leiteiro- sobre o que que deixa atrás, a morriña …
¿Qué significou para usted Cuba?
Eu vivín trinta eun anos en Cuba, de 1961 a 1992. Cuba é un país que me atraía moito, porque eu quería vivir a revolución. Eu tiña unha vida moi asentada pero buscaba aventuras, e para min Cuba era unha incógnita. Era un pobo maravilloso, gustabame moito o clima -persoalmente prefiro o clima de Cuba que o de Galicia- a xente e moi cordial e hospitalaria. Alí colaborei na prensa falando de temas galegos, tamén traducín algúns dos meus libros… A min uneme un sentimiento moi especial.
¿ Qué solucións propón para os problemas polos que esta pasando Cuba?
Eu penso que Cuba vai salir a flote, sobre todo cando se suspenda o brutal bloqueo, económico, financieiro e tecnolóxico que ten Estados Unidos que ten con Cuba. Ningun país na historia do mundo sufriu un acoso tan brutal como o que esta sufrindo este país. Estou seguro que Cuba vai poder sobrepoñerse a esto.
Moitas gracias
Entrevista realizada por Beatriz Motos e Stephanie Torres
Asistirón á inauguración o Primeiro Director José Ramón López Martín, o Presidente da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe, o Concelleiro de Educación da Xunta, Aniceto Núñez García, O Alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, O delegado do Goberno en Galicia, Domingo García Sabell e o escritor Xosé Neira Vilas entre outas persoas.
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)