Todolos artigos de: admin2

Matrícula para o curso 2019-2020

O prazo de matrícula para os alumnos do ESO e Bacharelato do 25 de xuño ao 10 de xullo

¿Quén se pode matricular neste prazo?

  1. Tódolos alumnos novos que foron admitidos e non teñen que asistir a convocatoria do mes de setembro.
  2. Tódolos alumnos do centro que fixeron a reserva e promocionan ao curso seguinte.
  3. Transcorridos estes prazos entenderase que o alumnado non matriculado renuncia á praza.

¿Cando e donde se fai a matrícula?

O prazo de matrícula para ESO e Bacharelato comeza o día 25 de xuño e remata o 10 de xullo.

Para matricularse os alumnos terán que entregar na Secretaría do centro a documentación que se di nos seguintes apartado. Pode facerse a matrícula de Luns a Venres de 9,00 horas a 13,00 horas.

¿Que documentación teñen que aportar os alumnos xunto coa matrícula?

  1. O documento de matrícula cuberto.
  2. Dúas fotografías de tamaño carné.
  3. Fotocopia do DNI (Lémbrase que o DNI é obrigatorio para os alumnos que teñan cumpridos os 14 anos de idade segundo o R.D. 196/1976 de 5 de febreiro)
  4. Os alumnos dos cursos 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato terán que pagar o Seguro Escolar (1,12 €).
  5. Os alumnos de 1º e 2º da ESO engadirán á matricula unha fotocopia da tarxeta sanitaria.
  6. Se o alumno é novo no centro deberá entregar copia do boletín de cualificacións do mes de xuño.

¿Que pasa cos alumnos que non aprobaron na convocatoria de xuño?

Terán que agardar a convocatoria de setembro e formalizar a matrícula tan pronto teñan no seu poder o boletín de cualificacións. O prazo de matrícula vai do 1 ao 10 de setembro.

¿Que pasa cos alumnos que rematado o prazo de matrícula non o fixeron?

Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta perderán o dereito a praza obtida.

Recomendacións:

  • Os impresos estarán cubertos en todos os seus apartados e asinados.
  • As fotocopias que se entreguen deberán de estar en papel A4 e non recortadas.
  • O Libro de Familia Numerosa terá que estar actualizado.
  • As fotografías serán recentes pois deben reflectir a imaxe do alumno no momento actual.
  • A matrícula  só se recollerá se contén toda a documentación.

Lexislación

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro de 2012, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.]
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Corrección de erros da ORDE do 12 de marzo de 2013 .

Impresos

Documentos Xerais

Impresos para ESO

  1. DOCUMENTO MATRÍCULA_ESO.
  2. Información sobre as materias de libre configuración autonómica:
    1. Investigación e Tratamento da Información. 1º ESO
    2. Programación. 1º ESO
    3. Oratoria. 2º ESO
    4. Educación Financieira. 2º ESO

Impresos para Bacharelato

1º de Bacharelato / 1º BACHIBAC
  1. DOCUMENTO MATRÍCULA_1BAC
2º de Bacharelato / 2º BACHIBAC
  1. DOCUMENTO MATRÍCULA_2BAC

Solicitude de axudas para material escolar e fondo solidario de libros de texto para o curso 2020-2021

Con data 19 de maio do 2020 publicouse no DOGA a Orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/2021.

A data límite para entregar a solicitude é o 19 de xuño do 2020.

Recordade que si se cumpren as condicións económicas establecidas nesta normativa, a solicitude debe ser presentada INDEPEDENTEMENTE de que o alumno aprobe todas as materias ou non.

Asemade, é condición indispensable para acceder a estas axudas ter devolto os libros do fondo solidario prestados ao alumn@ durante o actual curso 2020/2021.

Consultar a orde.

Bolsas do Ministerio de Educación para o curso 2019-2020

(O prazo para a convocatoria do curso 2020-2021 publicarase a finais do mes de xuño)

Para o curso 2019-2020 o Ministerio de Educación  convocou bolsas de axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para os niveis de ESO e de Bacharelato entre outros.

Estas axudas teñen 3 modalidades:

  1. Axudas directas para alumnos que necesiten atención específica derivada de discapacidade ou trastornos graves da conduta.
  2. Subsidios por necesidades educativas derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas.
  3. Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio asociado ás altas capacidades.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará no mes de setembro.

Podes consultar a información correspondente á convocatoria do curso 2019-2020.

 

Francés #NaCasa_NV

O alumnado de Francés de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato, en colaboración coas familias, e coordinado polo profesor Carlos Vidal, ilústranos sobre o que esperan do primeiro día do post-confinamento e invítannos a resistir… Sempre na lingua de Molière!!!

Modelos atómicos #NaCasa_NV

O alumnado de Física e Química de 2º e 4º ESO acometeu o reto de facer infografías e videos sobre os modelos atómicos. Dirixid@s pola profesora Blanca Rodríguez, velaquí outra mostra do traballo do noso alumnado online. A docencia non para.

  • Podedes ollar estes traballos nesta ligazón.

Léxico en corentena

O alumnado de 1º Bacharelato, baixo a supervisión da profesora Julia Fernández Seguín, está a realizar unha web sobre “léxico en cuarentena” para estes tempos de confinamento. Podedes consultar a ligazón en Google Sites.

Poesía curativa

O alumnado de 3º ESO, coa profesora Patricia Varela, elaborou unha serie de poesías curativas contra o confinamento. Invitámosvos a descubrilas nesta ligazón ISSUU.

Día do Deporte #NaCasa

O 28 de abril íase celebrar o DÍA DO DEPORTE NA RÚA, e o noso instituto estaba inscrito para participar. Pero como iso xa non é posible, os organizadores pensaron que se celebrara igualmente, mais agora será o DÍA DO DEPORTE NA CASA.
Polo tanto, dende o departamento de Educación Física do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas propuxemos varias actividades físico-deportivas a xeito de reto. Foron propostos ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO baixo o hashtag #DEFC2020 # DEFR2020 .
O obxectivo da tarefa é demostrar a importancia da materia de Educación Física para o mantenemento do benestar físico, psíquico e social das persoas e, por iso, seguir reivindicando o lugar que lle corresponde e máis agora durante o confinamento.