RECOLLIDA DOS LIBROS DE PRÉSTAMO DA ANPA

O MARTES 04/09/2018 en horario de 16:00 a 19:00 h 
  • Recolleremos os libros prestados do fondo da ANPA aos alumnos da convocatoria de setembro, así como ao resto do alumnado que non entregara os ditos libros de préstamo no mes de xuño.
  • Recolleremos as solicitudes de libros para o curso 2018/2019.
En caso de imposibilidade para acudir o martes no horario indicado poñédevos en contacto coa Anpa por correo electrónico:   anpaneiravilas@gmail.com
 Lembramos que o alumnado que non devolva os libros do fondo da Anpa perderá o dereito a participar no intercambio para o curso 2018/2019
Un saúdo,
A Xunta Directiva
ANPA Arce IESP Xosé Neira Vilas

Deporte adaptado

Deporte AdaptadoO venres 15 de xuño, o departamento de Educación Física, organizou unha charla-coloquio sobre o DEPORTE ADAPTADO. Contamos coa participación de dous membros deportistas da asociación ENKI, Jose Angel López e Fran Pedreira, que nos contaron as súas experiencias deportivas e o día a día dunha persoa con diversidade funcional. Seguir lendo Deporte adaptado

Concurso Picasso Coruñés

Concurso PicassoA Asociación de Prensa da Coruña convocou o IV Concurso de Debuxo Picasso Coruñés no que participou alumnado do noso centro, dos cursos de 3º e 4º de ESO. Sara Eiroa Fernández gañou o primeiro premio (300 €) da modalidade “Olga Cristina Viaño Sánchez” á mellor redacción. Ademáis as alumnas Clara Isabel Graña Castro, Noela Mato López, Sofía Miranda Vázquez, Valentina López López, Orleni Mateo Durán e Hellen Diel Veras acadaron accésits en diferentes modalidades. Seguir lendo Concurso Picasso Coruñés

Nacho Taibo, Escritor na súa terra.

O sábado 16 de xuño tivo lugar a homenaxe a Nacho Taibo que organizou a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co gallo da distinción como Escritor na súa terra- escritor letra E. O acto, realizado en Santa Cruz, incluíu unha primeira parte onde se plantou un carballo, árbore escollida polo autor, á vez que se descubría unha pedra conmemorativa na que se recollía un texto de Nacho Taibo. A continuación tivo lugar un acto máis oficial no castelo de Santa Cruz. O autor, para alén de repasar a súa vida e obra, dedicou unha parte do seu discurso ao seu paso polo IES Neira Vilas. Seguir lendo Nacho Taibo, Escritor na súa terra.

Youtuber por un día

Youtubers por un díaA Concellería de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros organizou o concurso “Youtuber por un día, o impacto igualinfluencer”, como actividade complementaria do programa de educación para a igualdade de xénero. Seguir lendo Youtuber por un día

Fondo de libros da ANPA

A continuación informamos das datas e horarios establecidos para a recollida de libros do fondo da ANPA, así como para a entrega de solicitudes para o curso 2018/2019.
Os alumnos que teñan materias pendentes para setembro teñen que devolver os libros das materias aprobadas. En setembro deberán entregar TODOS OS LIBROS de préstamo e solicitar os libros que necesiten para o curso 2018/2019, tanto se aproban como se repiten curso.

 

Recollida de libros + entrega de solicitudes en xuño
LUNS 25/06/2018 de 10:00 a 13.30 h e 16:00 a 18:00 h
 
Recollida de libros + entrega de solicitudes en setembro: 
publicarase na páxina web do instituto no apartado da ANPA, aínda que se procurará que coincida nas mesmas datas e horas que poña o instituto, para facilitar a xestión, e sempre que sexa posible.

En caso de imposibilidade de acudir o luns no horario indicado, por favor, poñédevos en contacto connosco por correo electrónico:   anpaneiravilas@gmail.com
Un saúdo,
A Xunta Directiva
ANPA Arce IESP Xosé Neira Vilas