Arquivo da categoría: Outras

Mobilidade Comenius Regio

 

Mobilidade Comenius Regio
Mobilidade Comenius Regio

Do 31 de maio ao 5 de xuño, tres profesores do IESP Xosé Neira Vilas participaron na 2ª das mobilidades a Vannes (Morbihan-Francia) no marco do Proxecto Comenius Regio “Échangeons notre échange scolaire!” no que o noso centro participa en colaboración con a Consellería de Cultura, Educación e O.U., a APFG -Asociación de Profesores de Francés de Galicia-, o IES Monte Neme de Carballo, a Mairie de Vannes (Concello de Vannes), o Collège Notre Dame Le Ménimur (Centro de ensino),e o Comité Bretagne-Galice (Asociación cultural).
Información da mobilidade

Campaña de colaboración con ONG Ecodesarrollo GAIA

Guillermo Fernández-Obanza
Guillermo Fernández-Obanza

Do 26 de abril ao 3 de maio estamos facendo no instituto unha recollida de alimentos non perecedeiros (arroz, pasta, latas de conserva, etc.) e de roupa (non importa o estado, sempre e cando esté limpa).
Esta campaña ponse en marcha despois da participación de Guillermo Fernández-Obanza, responsables desta ong, na semana intercultural na que nos falou do traballo que desenvolven con emigrantes chegados á nosa terra e dos proxectos de formación que teñen en marcha en Senegal.

Roteiro Cultural e Literario

Roteiro Cultural e Literario
Roteiro Cultural e Literario

O alumnado de 1º de Bacherelato participou o día 3 de maio nun roteiro organizado polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores de Oleiros.
Este percorrido por distintos lugares do municipio achegou aos participantes a diferentes mulleres e homes ilustres que viviron no noso municipio. Comezou en Santa Cruz con Syra Alonso e Francisco Miguel, para ir logo ao Pazo de Lóngora con Fanny Garrido e Marcial del Adalid, para pechar en Oleiros onde veraneou Francisca Herrera.
Esta actividade permitiu aos participantes coñocer mellor o contorno no que viven e a importancia que tiveron homes e mulleres que viviron nel.

A miña Voda Xitana

Dirixida ao alumnado de 1º de ESO, “A miña voda xitana” foi unha das actividades da Semana Intercultural. Leváronna a cabo Jonatan Montoya e Noemi Iglesias de 1º de ESO e Daniel Montoya, de 2º de ESO. Coordinou a actividade Adela Otero, mestra de pedagoxía terapéutica.
“A miña voda xitana” constaba de tres apartados fundamentales: o pedimento, a voda e o día do bacalao. Deu comezo Jonatan coa soltura que lle caracteriza explicando a importancia da obteción dos permisos dos pais no momento do pedimento. Noemi, con moita calma, contaba que nas vodas xitanas cobran unha atención especial os tres vestidos que a noiva vai amosando ao longo da celebración. Ao simpático de Daniel entroulle unha certa risa nerviosa falando do momento do axuntamento, ritual que consiste en facer a proba do pano . Os tres rapaces disfrutaron moito ao poder dar a coñecer un aspecto importante da súa cultura xitana, mentres os resto do alumnado amosaba un especial interese polo tema. Ao rematar a presentación, os rapaces proxectaron un vídeo dunha voda xitana co que todos/as disfrutaron e pasaron un rato moi agradable.

Mobilidade Comenius Regio

Mobilidade Comenius Regio
Mobilidade Comenius Regio

Desde o 8 ao 13 de febreiro unha comitiva de representantes dos socios en Galicia do Proxecto educativo europeo Comenius Regio “Échangeons notre échange scolaire!”, entre os que estaban 3 profesores do IESP Xosé Neira Vilas, participaron na primeira das mobilidades para celebrar un encontro cos seus socios en Vannes (Morbihan – Francia). Ademáis do noso centro participa pola parte galega do proxecto a Consellería de Cultura, Educación e O.U., a APFG -Asociación de Profesores de Francés de Galicia- e o IES Monte Neme de Carballo.
Máis información sobre a mobiliade. [Blog do proxecto: www.galiregio.blogspot.com]

Despedida da alumna Claudiane da Silva

Con motivo da partida ó seu país Brasil Claudiane foi homenxeada cunha cea sorpresa á que asistiron profesores e os seus compañeiros de cuarto curso. Despois na clase foille regalada unha camiseta coas fotos dos compañeiros, se lle entregou outra tamén ó seu irmán Kaike, de primeiro curso. Desexámoslles moita sorte no novo centro educativo no seu país.

Concerto de Nadal

Como clausura do primeiro trimestre do curso, o día 21 de decembro o alumnado de 2º e 3º de ESO asiste a un concerto do Trío As Lens no Auditorio García Márquez de Mera. O contido do concerto foi a fusión de instrumentos acústicos como o violín, violoncello, piano, percusión e voz coa tecnoloxía tipo smatphone, ipad e pedais de efectos sobre composición que van de Bethoven e Mozart a Colplay, Queen e Police.
Este concerto estivo organizado polo Concello de Oleiros.

Xubilación dos Profesores Ricardo Puig e Matias Cuba

No pasado mes de novembro produciuse a xubilación de dous profesores do noso instituto, Ricardo Puig de Llano, do departamento de Inglés, e Matías Cuba Orosa, do departamento de lingua castelá.
O persoal docente e non docente así como antigos compañeiros rendironlle unha homenaxe de despedida o 19 de decembro na que se lles fixo entrega de dous gravados en madeira de Luis Seoane como recordo do seu frutífero paso polo noso centro.