Arquivo da categoría: Curso 2019-20

Artigos do curso académico 2019-20.

Surf 2019

O alumnado de 4º ESO, baixo a supervisión dos profesores Isa Moar e Jorge Calle, practicaron surf  (“deporte náutico que consiste en manterse en equilibrio sobre unha táboa especial, desprazándose pola zona na que as ondas empezan a romper.” -dicionario da RAG dixit) na praia de Bastiagueiro, no arranque deste curso académico. Velaquí algunhas estampas que nos deixou a actividade.

Proxectos de Biblioteca

Biblioteca do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas adianta actividades para o curso 2019-20. Por unha banda, difúndese o calendario dos 20 minutos de lectura diarios -o programa “Hora de ler”; pola outra, invítase a todos os membros da comunidade educativa a elexir o logo do proxecto de Biblioteca deste curso académico, que terá como tema-guía a #Distopía (pódese votar AQUÍ antes do 20 de outubro).

FONDO DE LIBROS DA ANPA: REPARTO DE RESTOS

A quen poida interesar, socios e non socios:

Finalizamos có reparto dos libros solicitados e quedaron libros que podemos repartir, se alguén os necesita (véxase LIBROS DISPOÑIBLES NA ANPA O 25-09-2019). Agradecemos a colaboración do centro neste aspecto, xa que nos deixa libros para completar materias e entregas.

¡Estes libros xa NON se poden reservar!

Entregaranse por orde de petición física na oficina da ANPA, por escrita orde de chegada.

Horario de reparto:

XOVES, 26/09/2019     16:15 – 18:00 h

Todos os luns                 16:15 – 17:50 h Seguir lendo FONDO DE LIBROS DA ANPA: REPARTO DE RESTOS

CORRECCIÓN DA CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ANPA IESP XOSÉ NEIRA VILAS

Convocamos a todas as familias socias e invitamos a todas as familias non socias a unha asemblea xeral ordinaria da Asociación de nais e pais do IESP Xosé Neira Vilas.

    • Data:         xoves, 26 de setembro de 2019
    • Hora:
          • 19:00 h en 1ª convocatoria
          • 19:30 h en 2ª convocatoria
    • Lugar:         IESP Xosé Neira Vilas

Prégase máxima difusión. Achégase a orde do día . E a partir do luns teredes tamén aquí á vosa disposición a acta da última asemblea.

(**Corrección da data e da hora: Convocatoria Asemblea Ordinaria actualizada 21/09/2019.)

En Perillo, a 19/09/2019

A Presidenta da ANPA