Arquivo da categoría: A nosa xente

Entrevista a Pablo Rodríguez Longueira

Pablo Rodríguez Longueira
Pablo Rodríguez Longueira

“Tiven que dar a cara”
Pablo Rodríguez Longueira, Empezou ós 11 anos a tocar o saxofón na escola de música de Perillo. Toca agora na banda municipal. , con 19 anos e una enorme altura, agrándase, máis ainda, coa fotografía agarrado ó seu saxo.
– ¿Cal é actuación da que estás máis satisfeito?
-Cando perdín a vergonza.
– ¿Cómo?
-Foi hai cinco anos. O profesor obligábame a tocas en público porque estaba aterrorizado por estar nun escenario. Para min sai e “dar a cara” singnificou superar un reto e sentirme satisfeito.
-¿Hai que ter bos pulmóns?
-Si
-¿Hai que respirar dalgunha maneira?
– Hai que facer ben as pausas que che veñen indicadas na partitura.
-¿Por qué te decidiches polo saxo?
-Polo sonido. De pequeno oíao nos Simpons. Escoitei despois ó profesor e gustoume. A verdade é que é un bon instrumento.
-¿Qué outro instrumento che gusta?
-O piano, pero non o toco, o que sí me gustaría tocar é a trompeta.
-¿Por qué?
– Parece menos complicado
-¿O saxo é difícil?
– Si
-¿Por qué?
-Ten moitas claves. Hai que ter moita axilidade nos dedos.
-¿Qué é o mais dificil de tocar nunha orquesta?
– Que todo encaixe e que haxa coordinación.
-¿De quen depende?
– Do director qu eé quen marca o pulso
– ¿Qué público che gusta?
– A mín gústanme os vellos. Escoitan con educación e s son comprensivos.
– ¿Cal é o público ideal?
– O público que maís me gusta é o que escoita e aplaude.
-¿Tes apoio na casa?
-Si, demasiado. A miña nai está todo o día: “estudia, practica, estudia, practica…”
-¿Pensas seguir?
-Si.
-¿De qué depende?
– Sobre todo se pudera entrar no Conservatorio, e así poder estar nalgunha banda e gañar diñeiro.
-¿Gústaríache vivir desto?
-Si.
-¿Tocarías na rúa para vivir?
-Non
-¿Por qué?
– Porque estás solo
-¿Entonces a ventaxa da banda é estar en grupo?
-Sí, estás acompañado e axúdate a tocar millor.
CGR Abril, 2008

Entrevista a Bruno Bargo López

Bruno Bargo López
Bruno Bargo López

“O balonmán é duro pero bonito”
Bruno Bargo López, porteiro, “e con moitos balonazos na cara” ten dezaseis anos, cursa cuarto de ESO e está no equipo de balonmán de Oleiros, o su equipo gañou a liga de A Coruña, a provincial. Van xogar o campionato galego e quizás o nacional.

“Nunca, nunca hai que desistir”

-¿Canto tempo levas xogando?
– Cinco anos e levo catro de porteiro. Con moitos balonazos na cara.
-¿Por qué empezaches?
– Quería un deporte máis entretido co fútbol que é o que monopoliza. O fútbol é máis pesado non hai tanto goles nin tanta emoción.
-¿Cómo foron os primeiros días?
– O primeiro día rompéronme as gafas dun balonazo.
-¿E desistiches?
-Nunca, nunca hai que desistir
-¿Cómo estamos de instalacións?
-Bastante ben, o Valle Inclán é un pavillón bastante cómodo pero en comparación con outras instalacións de Coruña non é tan bon. Aproveito para pedir un novo solo para o pavillón do Valle Inclán, é de goma e se caes queimas as xeonllos.
– ¿Hai máis mozos que mozas?
– Hai máis mozos porque as nenas non se animan.
-¿Por qué?
-E moi duro porque é un deporte de contacto.
– ¿Debería haber equipos mixtos?
– Non, o polo tamaño dos homes, son máis anchos de espaldas e son máis brutos.
-¿Por que son tan feos os uniformes?
– O noso é bonito , é azul e branco.
-¿E caro o equipamento?
-Regáloo o equipo, nos temos que pagar dezaoito euros ó mes e con eso pagamos todo, a roupa, os desprazamentos e todo o demais.
-¿Non tedes patrocinador?
Non , só algunhas axudiñas.
-Dinos un slogan para animar a xogar ó balonmán.
– E duro pero bonito
CGR Maio, 2008

Entrevista a Claudia Calvelo Ameijeiras

Claudia Calvelo Ameijeiras
Claudia Calvelo Ameijeiras

A elite do baloncesto no Neira Vilas

Claudia Calvelo Ameijeiras, de cuarto de ESO, ten dezaseis anos -recén cumplidos- e xa leva máis de cinco no cumio do deporte. Con 11 anos, e no primeiro partido de baloncesto xa a mandan á selección galega e no mesmo veran é fichada para a selección nacional. Co equipo español recibíu a medalla de oro en Kosica (Eslovenia) hai dous anos.

“O deporte axúda a apartar os problemas que teñas”

Claudia Calvelo Ameijeiras, de cuarto de ESO, ten dazaseis anos –recén cumplidos- e xa leva máis de cinco no cumio do deporte. Con 11 anos, e no primeiro partido de baloncesto xa a mandan á selección galega e no mesmo veran é fichada para a selección nacional. Co equipo español recibíu a medalla de oro en Kosica (Eslovenia) hai dous anos. Cunha importante herdanza familiar porque o seu pai fora xogador e entrenador, tardaron a animala porque tiñan medo das constantes lesión sque sufren os deportistas.
-¿Cómo empezas a xogar?
– Empecei pola iusión que lle facía ó meu pai, non tanto á miña nai que non quería pasar o resto do seu tempo libre vida no pabellón de deportes.
-O sea que a túa nai non lle gusta
– Pero acabará por gustarlle
– ¿Houbera preferido menos implicación?
-Sí, porque cada vez que me suben de categoría, estou menos tempo na casa.
– ¿Cal son as ventaxas de ser unha xogadora de élite?
-Cobras coma si foras profesional e a satisfacción de ser unha das catro xogadoras de España con dous anos menos que xoga en cadete.
-¿Por qué o baloncesto?
– Gostábame, víao sempre
– ¿Cal é o teu posto?
– Agora son capitana da selección española.
– ¿Tes moita responsabilidade?
– Sí porque eres a máxima responsable do equipo, eres a conexión co entrenador a que debe controlar que o equipo esté co máximo rendemento, controlar o que esté triste ou ver se alguén ten problemas. Mostramos o noso día a día no díario da sub 16 na páxina web da federación en www. feb.es
-¿Cal son as bondades do deporte?
-Estás ben fisicamente e ben contigo mesma, vas superando as túas metas. Tamén porque viaxas e coñeces xente. Practicas idiomas porque sen o inglés non vas a ningunha parte. Tamén a xente tímida sóltase máis.
– ¿Cal é límite entre a afición e a paixón?
-Tes que vivilo é algo que non se pode contar. Canto está no podio e sona o himno é unha emoción enorme.
– ¿Qué che quita o deporte?
– Estar máis tempo con meus amigos do Instituto
– ¿Qué botas en falta?
-Estar en casa porque estou moito tempo fora. Temos moita presión, cando che sae algo mal necesitas á túa xente e non ó entrenador. Por eso os meus pais non me chaman cando estou de concentración.
-¿Lígase?
-Sí que se liga porque coincides con xente de todo o mundo.
-¿Qué lle dirías ó que non fai deporte?
-Que faga algo, ainda que sexa andar. Porque te sintes millor física e síquicamente. Distráete e axúdate a desfogar e aparta os problemas que teñas.
-¿Alonxate da arte ou de outra actividade cultural?
-Non porque viaxo moito e de cando en vez podemos ver algún museo ou palacio.
-¿Qué carreira vas facer?
– A verdade é que teño facilidades porque teño boas notas pero estando nesto podo entar en calquera carrera sen necesidad de media. Vou facer Mediciña ou Fisioterapia.
Claudia entrena cada día tres horas, dí que lle da tempo todo. As súas notas o demostran. Mentras facemos a fotografía preocúpase para non sair moi seria. A verdade é que non o é.
CGR