Arquivos da etiqueta: Agustín Lorenzo

Roteiro Ría do Burgo

Roteiro Ría do Burgo
Roteiro Ría do Burgo

Dentro da programación de Ciencias da Natureza, os tres grupos de 1º de ESO realizaron, os días 26, 27 e 28 de febreiro, un roteiro a pé que, partindo do instituto, pasaba pola praia de Santa Cristina, Paseo Marítimo de Oleiros, Ponte da Pasaxe e Paseo do Burgo.
Esta actividade tiña por finalidade traballar a observación do medio natural para recoñecer e valorar o ecosistema do medio mariño e litoral e descubrir a gran biodiversidade que se atopa na ría. Ao longo de toda a mañá, o alumnado levou a cabo diversos traballos. Empezou investigando os restos da arribazón para descubrir algunhas das especies que habitan no noso mar, A continuación parouse a observa a características do sistema dunar de Sta. Cristina. E rematou por clasificar algunhas da aves presentes na ría do Burgo a tempo que recibían información sobre o marisqueo na zona e a historia da ponte da Pasaxe.
O roteiro foi guiada por dous educadores medioambientais contratados polo Servizo Municipal de Educación de Oleiros.

IESP Neira Vilas contra a Violencia de Xénero

IESP Neira Vilas contra a Violencia de Xénero
IESP Neira Vilas contra a Violencia de Xénero

A nosa Comunidade Educativa celebrou o 23 de novembro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cun acto no que se leu un manifesto e se plantóu un pequeno xardín en lembranza das víctimas desta violencia. Esta actividade foi promovida polo Concello de Oleiros e contou cunha intervención musical do grupo de percusión do instituto.
Estiveron presentes os delegados e delegadas do alumnado, o grupo de mediación, catro grupos en representación dos distintos cursos da ESO co seu profesorado, o equipo directivo, a presidenta da ANPA e os concelleiros de educación e servizos sociais.
A encargada de ler o manifesto foi Carlota Caramés, alumna de bacharelato, mentras que os responsables da plantación foron Jonatan Montoya e Claudiane Da Silva, da ESO. A intervención musical correu a cargo de Randy Severino, Tiago Salazar, María Vázquez, Manuel Martí e Manuel Bode, de bacherelato.

Viaxe a Braga

O pasado 22 de xunio un grupo de alumnas e alumnos do centro xunto cos profesores Fernando Vidal, Isabel López Mariño, Agustín Lorenzo e Pilar Morandeira visitaron os principais monumentos da cidade de Braga. Despois completaron a actividade: “amigo invisible literario”. Tratábase de facer un pequeno agasallo no que se incluía unha cita literaria dun libro que tiveran lido recentemente. Despois acudiron a Diver Lanhoso a disfrutar dunha tarde de xogos: paintball, xogos de pistas, e a busca do tesouro.