Arquivos da etiqueta: Daniel Montoya

A miña Voda Xitana

Dirixida ao alumnado de 1º de ESO, “A miña voda xitana” foi unha das actividades da Semana Intercultural. Leváronna a cabo Jonatan Montoya e Noemi Iglesias de 1º de ESO e Daniel Montoya, de 2º de ESO. Coordinou a actividade Adela Otero, mestra de pedagoxía terapéutica.
“A miña voda xitana” constaba de tres apartados fundamentales: o pedimento, a voda e o día do bacalao. Deu comezo Jonatan coa soltura que lle caracteriza explicando a importancia da obteción dos permisos dos pais no momento do pedimento. Noemi, con moita calma, contaba que nas vodas xitanas cobran unha atención especial os tres vestidos que a noiva vai amosando ao longo da celebración. Ao simpático de Daniel entroulle unha certa risa nerviosa falando do momento do axuntamento, ritual que consiste en facer a proba do pano . Os tres rapaces disfrutaron moito ao poder dar a coñecer un aspecto importante da súa cultura xitana, mentres os resto do alumnado amosaba un especial interese polo tema. Ao rematar a presentación, os rapaces proxectaron un vídeo dunha voda xitana co que todos/as disfrutaron e pasaron un rato moi agradable.