Arquivos da etiqueta: Ellen Mattos

Brasil e República Dominicana: outras culturas

Brasil e República Dominicana: outras culturas
Brasil e República Dominicana: outras culturas

O venres 12 de abril cinco rapazas axudaban a pechar a Semana Intercultural cun aire renovado e fresco a través dunha actividade que pretendía dar a coñecer dúas culturas latinas: Brasil e República Dominicana.
Nathalia Oliveira, Marleni Martínez, Ellen Mattos, Thaiuane Ramos e Thalita Ramos, prepararon este traballo para os seus compañeiros de 2º de ESO, curso no que se atopan todas escolarizadas. Este traballo fixéronno xunto á coordinadora e mestra de pedagoxía terapéutica Adela Otero.
A actividade pretendía ampliar a visión sobre o mundo latino tendo como principal referente as dúas culturas mencionadas. Para isto, entre as cinco alumnas, expuxeron os datos máis relevantes de cada país, como por exemplo: a historia, a situación xeográfica, organización política, o clima, as paisaxes e monumentos máis importantes, tradicións, vida cotiá, educación, relixión, etc. Todo isto acompañado por unha gran variedade de imaxes e músicas latinas.
A sesión rematou coa entrega de doces típicos elaborados polas propias rapazas ao tempo que proxectaban os vídeos musicais que tanto lles gustan a estes rapaces/as.