Arquivos da etiqueta: Isabel Miguélez

Participación no encontro do Proxecto Europeo Grundtvig

A finais do mes de xaneiro (19-24) a profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Patricia M. Leyenda, acompañando a Isabel Miguélez do CFR de A Coruña, asistiu a un encontro do Proxecto Europeo Grundtvig en Lanzarote. O obxectivo foi mostrar o traballo que se fai co alumnado do instituto sobre medio ambiente, concretamente o realizado sobre as aves da ría do Burgo polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Dito encontro consistiu na realización de diversas actividades sobre a ecoloxía e a diversidade paisaxística da illa de Lanzarote, así como a posta en común de profesores de Turquía, o Reino Unido e España sobre educación ambiental.
As diferentes visitas servían como escenario de actividades de interese paisaxístico e de conservación da natureza para un grupo de alumnos universitarios ingleses e mais os profesores do proxecto europeo.
Este encontro supuxo a oportunidade de visitar lugares de elevado valor ecolóxico como o Parque Nacional de Timanfaya, donde fixemos coa guía do parque un agradable, interactivo e instructivo percorrido. Outros lugares que puidemos coñecer foron os Jameos del Agua, a Illa de la Graciosa, o Golfo, o miradoiro de Río Alto, o cráter dun volcán, o xardín dos cactus e un percorrido dun túnel de lava.
A visita tamén permitiu a observación de especies emblemáticas da illa de Lanzarote como os cangrexos do Jameo del Agua, adaptados a vivir en covas, o lagarto de Haría, bubelas, alcaudóns, mazaricos e garzotas. A profesora, xunto co departamento, están moi satisfeitos coa experiencia e coa adquisición de numerosas ideas para o ensino de bioloxía e xeoloxía.