Arquivos da etiqueta: Manuel Bode

Graduación do alumnado de 2º de Bacherelato

Orla. 2º BACH 2012-2013
Orla. 2º BACH 2012-2013

Unha nova promoción de 2º de Bacharelato rematou a súa formación neste nivel formativo e para eles organizouse o día 24 de maio o acto de graduación.
Abriu a celebración, que tivo lugar no salón de actos, o director Agustín Fernández cunhas palabras para sinalar a importancia do momento para os seus protagonistas e para o instituto. A continuación houbo un momento musical da man de Manuel Bode que dou paso ás intervencións das súas compañeiras e compañeiro de promoción Camila Bargados, Lucía Rodríguez e Martín Mejuto. Seguidamente tomaron a palabra X. Ignacio Taibo (en representación do profesorado), Pilar Ríos (en representación das familias) e Sandra Fernández (en representación do Concello).
O acto proseguiu coa entrega de diplomas de mediación a aqueles membros desta promoción que formaron parte do Equipo de Mediación e Convivencia, do diploma Club Los Leones de Oleiros cunha beca de cincocentos euros e das orlas a todos os membros da promoción. Os diplomas de mediación foron entregados por Jesús Fdez Llaneza. O diploma Club Los Leones foi entregado a María Ramil por Ricardo Gómez, en representación de dito club. As orlas foron entregadas por Elvira Sanz, Eduardo Álvarez e X. Ignacio Taibo.
Como remate do acto proxectouse unha montaxe audiovisual alaborada polo profesor Xosé Antón García que recolle a traxectoria desta promoción desde que chegaron ao noso centro. A celebración continuou coa plantación dunha laranxeira conmemorativa previa a un pequeno ágape e unha cea de confraternización.

Recreos Musicais

Recreos Musicais
Recreos Musicais

Durante a Semana Intercultural os dous recreos de cada día estiveron amenizados con pequenas actuacións musicais a cargo de Sergio Cabeza (contrabaixo), Cristina Carreira (piano), Carmen Rodríguez (percusión), Lucía Sigüeiro (trompa), Jacobo Juanatey (trompeta) de ESO 2º, Mencía Resch (frauta) de ESO 3º, Ylenia Ambroa (guitarra), Joabiner Mattos (violoncelo) de ESO 4º e Manuel Bode (piano) de BAC 1º.
Proposta íntima e sensible que puxo de manifesto a existencia entre nós de incipientes artistas.

IESP Neira Vilas contra a Violencia de Xénero

IESP Neira Vilas contra a Violencia de Xénero
IESP Neira Vilas contra a Violencia de Xénero

A nosa Comunidade Educativa celebrou o 23 de novembro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cun acto no que se leu un manifesto e se plantóu un pequeno xardín en lembranza das víctimas desta violencia. Esta actividade foi promovida polo Concello de Oleiros e contou cunha intervención musical do grupo de percusión do instituto.
Estiveron presentes os delegados e delegadas do alumnado, o grupo de mediación, catro grupos en representación dos distintos cursos da ESO co seu profesorado, o equipo directivo, a presidenta da ANPA e os concelleiros de educación e servizos sociais.
A encargada de ler o manifesto foi Carlota Caramés, alumna de bacharelato, mentras que os responsables da plantación foron Jonatan Montoya e Claudiane Da Silva, da ESO. A intervención musical correu a cargo de Randy Severino, Tiago Salazar, María Vázquez, Manuel Martí e Manuel Bode, de bacherelato.