Arquivos da etiqueta: Naira Albaina Balerdi

Curso 2011-2012. Novas

Rede Abalar

O IESP Neira Vilas incorpórase no curso 2011-12 á Rede Abalar con dúas aulas Abalar correspondentes aos grupos de 1º de ESO.

Diploma de estudos en lingua francesa

13 alumnos e alumnas do centro de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato presentáronse ao exame do DELF, Diploma de Estudos en Língua Francesa, certificado que expide o Ministerio de Ensino francés. Conseguírono todos eles con moi boas cualificacións. ¡Noraboa!.

O ministro de Educación felicita ó Instituto Neira Vilas

As numerosas actividades europeas desenvolvidas polo centro educativo fixeron que o alumnado recibira o día 14 de xunio unha carta do ministro de Educación José Ignacio Wert felicitando “polas actividades tan enriquecedoras e de apertura a Europa”

Semana Intercultural 2012

Do 26 ao 30 de marzo o IES Xosé Neira Vilas organiza a 4ª edición da Semana Intercultural que ten como tema central o II centenario da Constitución de Cadiz.
Tríptico Informativo

Visita á Facultade de Filoloxía

O xoves 1 de marzo, o alumnado do clube de lectura de segundo curso de ESO e de 1º de Bacharelato, visitaron a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, dentro das xornadas de portas abertas que se organizan para dar a coñecer os sus estudos e as instalacións, entre elas a biblioteca especializada, con máis de 80.000 volumes accesible ós estudantes e tamén a calquera que estea interesado.

Cinco minutos de silencio

O día 27 de febreiro o alumnado, profesorado e resto de personal concentrouse ás 12 da mañán con cinco minutos de silencio no patio do centro en repulsa polas cargas policiais en Valencia.

Alumnado do Instituto participa na homenaxe a Rosalía de Castro

Os alumnos: Sara Castro, Martín Mejuto e Camila Bargados de 1º de Bacharelato perticiparon o día 24 de Febreiro no kiosko Alfonso de A Coruña na lectura de poemas en homenaxe a Rosalía de Castro no seu aniversario.

Lectura dramatizada de “El Quijote”

O alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato escoitarán textos de Cervantes dramatizados o día 14 de Febreiro na biblioteca Rialeda de Perillo

Obradorio de banda deseñada con Manuel Cráneo na biblioteca Rialeda para 1º da ESO

O alumnado de 1º de ESO asistirá o día 3 de febreiro ó taller de cómic que xa desde outros ano tivera un enorme éxito entre o alumnado do Neira Vilas.

Exposición sobre as brañas de Sada

Durante o mes de xaneiro temos unha exposición de carteis, elaborada pola delegación das Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural, sobre as Brañas de Sada. Contén unha detallada información gráfica e escrita sobre a flora e fauna e ten como obxectivo reivindicar a importancia das zonas húmidas na conservación do medio natural.

Charlas de prevención de accidentes e lesións medulares durante o mes de Decembro

O alumnado de 3º e 4º tivo ocasión de coñecer de primeira man, as causas dos accidentes, as normas básicas para a actuación cando isto acontece, as normas de prevención de lesións graves e as consecuencias para a saúde física e psíquica.
As charlas foron organizadas por AESLEME (Asociación para a prevención de lesións medulares) en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. O médico e fisoterapeuta explicaron ó alumnado dun xeito sinxelo e con audiovisuais estes contidos tan necesarios para a concienciación e prevención destes accidentes.
A valoración da actividade, tanto por parte do profesorado organizador como do alumnado foi moi positiva, quedando en consideración a inclusión desta actividade no Plan de Acción titorial para os vindeiros cursos.

Tese de Doutoramento

O mes de setembro pasado, a ex alumna deste centro, Naira Albaina Balerdi defendeu a súa tese de doutoramento titulada “Biomonitorización de contaminación por TBT y genética poblacional enNassarius reticulatus (L) y N. nitidus (Jeffreys) en el NE Atlántico” que foi calificada cun merecido sobresainte Cum laude.
¡Noraboa Doutora!

Memorias dun neno labrego

Dentro das actividades para a conmemoración do aniversario de “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas nas que xa estivemos participando, o día 13 de outubro o grupo de lectura da Bilioteca do noso centro e o Departamento de Galego organizan unha visita ó Forum metropolitano e asistencia á peza de teatro que recrea a obra literaria represantada por Cándido Pazó que xa estivera no noso centro con grande éxito. Está organizado para 3º e 4º curso.

Exposicións: “Orixes” e “Primeiras civilizacións

Os grupos de 1º da ESO estiveron o día 14 de outubro na Coruña para visitar as exposición sobre Antigo Exipto e Mesopotamia e sobre a orixe do ser humano. A actividade foi organizada polo Departamento de Historia. [Pode ver un vídeo da visita]