Arquivos da etiqueta: Rocío Saavedra Fernández

Participación no I Congreso de Educación Ambiental para Escolares.

Presentando a comunicación
Presentando a comunicación

O pasado día 10 de maio de 2007 celebrouse no Auditorio Municipal de Mera o I Congreso de Educación Ambiental para Escolares organizado polo Centro de Extensión e Información Ambiental (CEIDA)de St. Cruz.
O noso instituto presentou unha comunicación sobre o marisqueo e os problemas ambientais da Ría do Burgo. Este traballo foi desenvolvido por un grupo de 6 alumnas de 1º de Bacharelato e 1 alumna de 3ºESO., coa dirección dos profesores Mª del Carmen Porta do Departamento de Bioloxía e Juan Neira de Tecnoloxía. As alumnas participantes fóron: Laura Bazán Morzone, Johesy Bracho Curros, Paula Mirre Prieto, Soraya Rodríguez Lage, Rocío Saavedra Fernández, Montserrat Martínez-Piñeiro Súarez-Noguerol de 1º de Bacharelato e Jennifer Álvarez Silva de 3º ESO.
O traballo consistiu nun estudo da Ría do Burgo fundamentado na actividade marisqueira actual, presentando tamén información sobre o medio físico e biolóxico da ría.
Recollendo información
Recollendo información

Realizamos unha importante labor de recollida de información sobre diversos aspectos da ría: historia, medio físico, evolución do marisqueo, problemas de furtivismo, localización dos bancos marisqueiros, técnicas de marisqueo e problemas de contaminación. Xunto a este traballo realizamos visitas á ría guiados polo asesor técnico da Confraría de Pescadores, Pablo Sánchez Seoane.
A primeira saída foi no mes de febreiro no que vimos as labores de retirada de mexillón dos bancos e outras zonas da ría, e logo volvemos en abril para tomar mostras de auga, coñecer como se realizan as labores de semicultivo da ameixa e ver os traballos de rexeneración e acondicionamento dos bancos marisqueiros.
Todo este traballo recollémolo nunha presentación informática que expuxemos na entrada do Auditorio de Mera e ao mesmo tempo realizamos outra presentación para o propio acto de exposición do traballo realizado nos vinte minutos de que dispuxemos.
Mariscando na ría
Mariscando na ría

Realmente aprendemos moitas cousas sobre a Ría do Burgo e o marisqueo. Para empezar non sabíamos a enorme cantidade de cartos que move esta actividade e as familias que dependen deste recurso. Tamén nos encontramos cunha ría medio enferma que precisa de moitos coidados pero aínda así e todo, capaz de producir marisco de calidade. A cara da moeda é a pouca información sobre o estado ambiental real, con datos actuais e contrastables. A información ambiental segue sen ser facilmente accesible para calquera cidadán. Hai moito traballo científico e técnico por facer aínda na Ría do Burgo cara a súa mellora ambiental e produtiva, e nós como estudantes, no futuro podemos facelo.

Alumnos do instituto dan unha charla na universidade de A Coruña

Alumnos do instituto dan unha charla na universidade de A Coruña

 
Membros do equipo de mediación do IES Neira Vilas foron convidados á Facultade de CC. da Educación da Universidade da Coruña para falar das actividades do equipo de mediación no noso instituto. Esta charla forma parte das actividades da materia “Modelos de Educación para a Paz e o Desenvolvemento” (Departamento. de Pedagoxía e Didáctica) cuxa profesora encargada é Cathryn Teasley.
Por parte do noso centro participaron as alumnas:

  • Rocío Saavedra Fernández
  • Alexandra Balbás Calvo
  • Iris Pena Amor
  • Joheisy Bracho Curros

Tamén participaron ex-alumnos do IES que seguen a colaborar con nós:

  • Gema Pujó Romero

 
A charla, que tivo lugar o luns 15 de xaneiro desde as 18:00 h até as 17:45 h, permitiu presentar aos futuros profesores e pedagogos cómo é a mediación escolar e valorar a influencia desta nova iniciativa na convivencia dentro do centro educativo.

Programa de radio Café con Churros

Participantes

Brais e Rocio
Brais e Rocio

Organizada por:
Carmen García-Rodeja Arribí
Alumnado:
Rocío Saavedra (coordinación e actividades culturais)
Monse Martínez-Piñeiro
Brais López(arquitectura)
Iago Varela(política internacional)
Sheila Martínez (crítica de arte e cine)
Sarai Rodriguez
Alfredo Rinlo
Loreto García Alén
e
grupo de 4º D (rincón poético)

O programa

Ana Yaiza e Rocio
Ana Yaiza e Rocio

 
O programa informativo é unha canle de comunicación desde á xente nova á toda a poboación. E emitida os venres á mediodía. Propón visitas a exposicións, itinerarios arquitectónicos, crítica de filmes, rincón poético e información sobre novas xuvenís. Tamén consta de espacios de opinión sobre política internacional e entrevistas a xente ligada ó noso centro educativo.

O primeiro Café con Churros