O luns tivo lugar no salón de actos a celebración dos nosos 25 anos.
Interviron no acto Agustín Fernández Gago (director do instituto), Xoan Ignacio Taibo Arias (escritor recentemente xubilado como profesor do centro), Indalecio Cabana Leira (xefe territorial da Consellería de Educación), Fernando Gonzalez Laxe (presidente da Xunta de Galicia cando se inaugurou o instituto), Ángel García Seoane (alcalde de Oleiros) e Xosé Neira Vilas.
Estiveron presentes unha representación da inspección educativa, do concello de Oleiros, da asociación de nais e pais de alumnos, da parroquia de Sta Leocadia e doutros institutos de Oleiros xunto a antiguos profesores e persoal non docente así como unha representación do profesorado, presoal non docente e alumnado actual.