O 24 de febreiro, Luciano Denardin de Oliveira, profesor de Didáctica da Física na PONTIFÍCIA UNIVERSIDADE CATÓLICA do Rio Grande do Sul (Brasil) impartiu no noso centro a charla: “Cousas de superheroes: entre a Física e a Lingua”
A charla foi impartida en portugués, dirixida ao alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato cunha dobre orientación:
En primeiro lugar, falou da importancia do galego como lingua que nos une a varios centos de millóns de falantes, desde a propia experiencia do conferenciante. En particular, o alumnado competente en lingua galega observou que o grao de seguimento da charla é moi alto, poñéndose así de manifesto a dimensión do galego como lingua que nos conecta con países lusofalantes espallados por todo o mundo (só en Brasil hai 200 millóns de habitantes).
A continuación realizouse a presentación e discusión de diversas cuestións da fisica que están presentes nos superheroes máis coñecidos (Superman, Hulck, SuperMagnet…). Nelas, abordáronse conceptos físicos de forma sinxela, mostrando a imposibilidade física da maioría das cualidades que presentan eses superheroes. No remate o profesor aproveitou tamén a ocasión para conversar con varios alumnos de nacionalidade brasileira que estudan no noso Centro.