Procedemento e calendario para a admisión de alumnado no IESP Xosé Neira Vilas
1. Normativa:
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro de 2012, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.]
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Corrección de erros da ORDE do 12 de marzo de 2013 .
- Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2014-2015.
- Instruccións da Xefatura Territorial da Coruña en relación ao proceso de admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2014-2015 .
- Impreso de reserva de praza (Anexo I, Orde 12/3/13)
- Impreso de solicitude de admisión (Anexo II, Orde 12/3/13)
- Impreso de matrícula ESO (Anexo III-2, Orde 12/3/13)
- Impreso de matrícula BACHARELATO (Anexo III-3, Orde 12/3/13)
2. Moi importante!
- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción a esta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
En canto o criterio complementario a establecer polo centro educativo o consello escolar, no curso 2013-2014, decidiu non establecer ningún criterio para o seu baremo no proceso de admisión.
3. Centro adscrito:
- CEIP Ramón María del Valle-Inclán
4. Área de influencia do IESP Xosé Neira Vilas
5. Servicios complementarios ofertados
- Transporte escolar (ver mapa)
6. Calendario e requisitos:
- Publicación postos escolares ofertados
Curso |
Grupo |
Grupo Postos escolares |
Vacantes |
1º ESO |
2 |
60 |
22* |
2º ESO |
3 |
90 |
20 |
3º ESO |
2 |
60 |
4 |
4º ESO |
2 |
60 |
11 |
1º BACH |
2 |
66 |
31 |
2º BACH |
2 |
66 |
33 |
* Destas 22 prazas, 9 están reservadas para alumnado con necesidades educativas especiais. Se este alumnado non as precisara, pasaran a ser vacantes ordinarias.
- Reserva de praza para alumnado do CEIP Valle Inclán
- Solicitude de admisión:
- Prazo presentación: do 1 ao 20 de marzo.
- Novo Alumnado: Cubrir Anexo II da Orde de 12/3/2013 (DOG 15/3/13)
- Acreditar mediante documentación a idade (DNI) e o curso académico (BOLETÍN NOTAS).
- Cando a demanda é superior á oferta:
- Prazo presentación da documentación pertinente: Orde 12/3/13, art. 17, 1-3.
- Documentación a presentar para establecer orde prioridades: Orde 12/3/13, artgs 19-29.
- Publicación das listaxes provisionais de admitidos:
- Antes do 25 de abril, cun prazo de 5 días para reclamacións.
- Publicación das listaxes definitivos
- Antes de 15 de maio e até o inicio do curso escolar
- Impugnación destas listaxes: Orde 12/3/13, art. 32.
- Formalización da matrícula:
- do 25 de xuño ao 10 de xullo
- Prazo extraordinario de matrícula