Agustín Fernández Paz

Fernández Paz

Agustín Fernández Paz

Preparación previa

Uns días antes do prazo fixado para esta actividade, que tivo lugar na biblioteca Rialeda de Perillo 0 14 de febreiro, desenvolvemos na nosa biblioteca unha “contenda literaria” na cal os propios participantes, alumnos e alumnas de 4° de ESO, dirixiron o xogo a base de preguntas e respostas sobre o autor e arredor dos seus libros, principalmente Aire negro.

Obxectivos:
Realización:

A profesora pediulles aos alumnos e alumnas participantes que escribisen tres preguntas, que só podía coñecer quen as escribise. Formáronse dous equipos co mesmo número de integrantes, e entre eles elixiron un portavoz para cada agrupamento. Entón concedéuselles un tempo para que os que formaban parte do mesmo grupo se comunicasen as preguntas e para que as seleccionasen. Esta posta en común realizouse sen intervención da coordinadora. Terminada a preparación, comeza o xogo do seguinte xeito:

Tempo necesario:

Unha hora, aínda que este tempo pode variar dependendo da capacidade do alumnado e da habilidade que desenvolva durante o xogo.

Presentación, realizada pola alumna de 4° de ESO, Rocío Saavedra:

Fernández Paz

Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba (Lugo). Estudou en Barcelona a carreira de Perito Industrial Mecánico, pero a súa vocación levouno cara ao maxisterio. Na actualidade é profesor de Lingua e Literatura Galegas no IES Os Rosais 2, de Vigo.

Leva escritos 37 libros de fición, entre os cales podemos citar As flores radioactivas (Premio Merlín 1989), Trece anos de Branca (Premio Edebé de Literatura xuvenil 1994), Cartas de inverno (Premio Rañolas de Literatura Infantil 1995), Amor dos quince anos, Marilyn ( ), Aire negro (Premio de Literatura Protagonista Jove 2001. IBBY Honour List 2002.White Ravens 2001), ou ¡Que medo, mamá Raquel!, texto que a Editorial Xerais vén de publicar. Cómpre sinalarmos, ademais, que o papel do noso escritor vai acadando, dende o galego, unha dimensión internacional xa que se publicou a primeira edición en coreano de O meu nome é Skywalker (Premio O Barco de Vapor 2003).

Resumo da conferencia pronunciada

O creador de Vilalba desvelounos as raíces do seu amor polos mundos de ficción: os relatos de medo que escoitaba a carón do lume, nun tempo en que aínda non chegara a televisión; os libros de aventuras que había na pequena biblioteca de seu pai, onde Jules Verne convivía con Edgar Allan Poe ou Wenceslao Fernández Flórez; os seriais que escoitaba pola radio; os cómics que lía, nos cales descubriu a súa fascinación polos heroes de papel, e as inesquecibles películas de cinema que tanto o atraían, que vai homenaxear en Amor dos quince anos, Marilyn, un libro escrito no centenario do nacemento do cine.