Obradoiro

Taller de iniciación a banda deseñada, impartido polo ilustrador Fran Bueno.

Folleto Obradoiro

Obradoiro

Con esta actividade, que se desenvolveu na biblioteca Rialeda durante o 28 e o 29 de marzo, pretendeuse a realización dun obradoiro a través do cal os rapaces e rapazas de 1°, 2° e 3° de ESO puidesen coñecer os diferentes tipos de ilustracións existentes nos libros e que aprendesen, igualmente, a realizar e a apreciar ilustracións, bandas deseñadas e cómics.

Francisco Bueno Capeáns (Santiago de Compostela, 1967) é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente desenvolve unha actividade de ilustrador e debuxante de cómics.

Como ilustrador de libros podemos destacar o seu labor, entre outros, en Contos do paxaro azul (1994), escrito por Helena Villar Janeiro; Así viviu Paio Gómez Chariño (1997), escrito por Xosé A. Neira Cruz, ou O laboratorio do doutor Nogueira (1998), escrito por Agustín Fernández Paz. Podemos destacar, ademais, cómics como O máxico arrecendo (1992), Parando a marea negra (2003), escrito por Marilar Alexandre, ou Noble Causes (2004), de Jay Faerber.

Cabe sinalarmos, así mesmo, o seu quefacer de animación na serie galega “O Carrabouxo” (2000) e no programa da TVG “Xabarín Club” (2001).

Recibiu o primeiro premio do Concurso Nacional de Cómics de Getafe en 1988, por “Sin título”, o primeiro premio do concurso Nacional de Cómics da revista Totem (1989) por “Guillermo y Maximino”, e o primeiro premio no concurso Galego de Cómics Xuventude 94, en 1994.

fb1.jpg, 5 kB fb2.jpg, 5 kB fb3.jpg, 5 kB fb4.jpg, 5 kB fb5.jpg, 5 kB fb6.jpg, 5 kB fb7.jpg, 5 kB fb8.jpg, 5 kB fb9.jpg, 5 kB

Folleto do obradoiro editado polo concello [faga clic para ampliar]

img/franbueno2.jpg img/franbueno3.jpg