Xosé Miranda

Xosé Miranda

Conferencia de Xosé Miranda

Preparación previa

Uns días antes do prazo fixado para esta actividade, que tivo lugar o 20 de febreiro no Centro Cultural de As Torres (Santa Cruz), desenvolvemos na nosa biblioteca o xogo “Descubro o argumento”, actividade que estivo orientada ao alumnado de 1° curso de Bacharelato.

Obxectivos:
Material ou medios necesarios:

Ademais do número suficiente de exemplares do libro elixido, nesta ocasión traballamos con Morning Star, precísanse unhas follas nas cales estean escritos os resumos do argumento da obra. A coordinadora desta actividade preparou tres modelos diferentes (A, B, C).

A táctica da animadora consiste en lograr que haxa un resumo que sobresaia sobre os demais pola súa perfección: o argumento verdadeiro. Os outros serán comentarios.

Realización:
Tempo necesario:

Esta tarefa desenvolveuse aproximadamente en trinta minutos.

Presentación, realizada polo alumno de 1° de Bacharelato, Iago Varela.

X. Miranda (Lugo, 1955), poeta e narrador, licenciouse en Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade exerce como profesor nun IES de Lugo. Logrou o premio de narración curta Modesto Figueiredo en 1988 co relato Na terra sombría; o de novela M. García Barros en 1990 con Historia dun paraugas azul; o Eusebio Lourenzo de poesía en 1995 con Amantes e viaxeiros; o Esquío en 1996 con Permiso para o Corso.

Publicou, ademais, a novela A tres bandas (1995), os libros de relatos A neve e a cadeira (1994), A biblioteca da iguana (1994), O demo á orella (1996), e os poemarios Sonetosfera (Áccesit do XV Premio Esquío de Poesía 1996) e Carozo azul (Áccesit de Poesía Miguel González Garcés,1996).

En colaboración con Xoán Cuba e Antonio Reigosa, escribiu os contos da colección “Cabalo buligán”, recollidos da tradición oral, e mais o Diccionario dos seres míticos galegos (1999).

Conferencia

Conferencia que versou sobre Morning Star, unha novela de aventuras ao estilo dos grandes mestres como R. L. Stevenson. Trátase dun relato de odios e de amores, de sangue, de crimes, paixóns e da busca dun tesouro que nos remite ao temido pirata Benito Soto; de dous rapaces á procura da liberdade; dun cego que toca a gaita e o violín, dun portugués coas súas pegas amaestradas, do toco Lázaro Rivadulla, da sublevación progresista de 1846 nas rúas de Pontevedra e dunha “afastada estrela que brilla cada día soamente para quen sabe ollala”.