ANPA

Asociación de nais e pais de alumnos

Estimadas familias, profesorado e membros da comunidade escolar, somos a ANPA ARCE DO IESP XOSÉ NEIRA VILAS, unha asociación creada por e para as familias do noso centro educativo.

A nosa misión é traballar con ilusión para mellorar a experiencia escolar dos nosos fillos e fillas, fomentar a colaboración entre familias e a escola e defender os intereses da comunidade educativa.

Sabemos que xuntos somos máis fortes, organizamos actividades, promovemos iniciativas e levamos a cabo proxectos que benefician a todo o alumnado.

Para o vindeiro curso, estamos a preparar unha serie de actividades extraescolares:

  • English Club
  • Le Club Français

INFORMACIÓN ENGLISH CLUB e LE CLUB FRANÇAIS

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN CURSO 2025/26

Tamén temos previsto levar a cabo outras actividades que se impartirán en horario escolar e sen custo para as familias:

•  Técnicas de Estudo
•  Xestións de conflictos
•  Programa “Estudar con Sentido”

Queremos establecer unha liña de colaboración co Banco de Alimentos, para que os nosos fillos e fillas poidan coñecer diferentes formas de ser solidarios e, incluso, participar como voluntarios se así o desexan.

Ademais, como vén sendo costume, encargarémonos do Fondo de Libros. 

Intercambio de libros de texto

Xa sabedes a importancia que ten o banco de libros para a economía familiar, polo que animámosvos a todos e a todas a participar coas vosas doazóns, paso primordial para poder contar con libros para todo o alumnado, así como a facervos socios da anpa para poder seguir a traballar en proxectos como este. A participación no intercambio de libros é totalmente voluntaria.

Aquí tedes as normas básicas para participar:

Decálogo do Intercambio de Libros

  1.  O intercambio de libros é un acto totalmente voluntario e só poderán participar as familias que sexan socias do ANPA.
  2.  Doar os libros da dereito a participar no intercambio, pero no garante que todo o mundo reciba os libros solicitados, xa que isto dependerá das existencias que haxa no fondo de libros.
  3. Haberá un intercambio no mes de xullo e outro en setembro.
  4.  O alumnado que envíe a outra persoa a recoller os seus libros, que non sexa nai, pai, ou titor legal, deberá de proporcionarlle unha autorización por escrito.
  5.  Cando o alumnado precise quedar con algún libro ata a convocatoria do mes de setembro ou para utilizalo outro curso máis, deberán comunicalo á anpa.
  6.  Ningún alumn@ poderá prestar ningún libro do fondo a outr@ alumn@, nin sequera a membros da súa familia. Os libros prestados deberán de volver ao fondo da anpa cada curso, para que se poida facer un reparto xusto.
  7.  O alumno que non devolva algún libro, ou teña débedas pendentes coa anpa, causará baixa na participación do intercambio.
  8. Os libros deben forrarse e marcarse indicando o nome cunha pegatina na portada exterior, deben coidarse, non pintarse con bolígrafos ni rotuladores. Recordade que son de todos e que despois outro alumno fará uso deles.
  9.  O alumnado que non veña a recoller os libros que lle corresponda nas datas que se indican e non avise a anpa a través do enderezo electrónico, ou de ningún outro xeito, perderá o seu dereito a dispoñer deles.

Alta de socios

Aquelas persoas que desexen facerse socios deberán cubrir a ficha de solicitude de ALTA SOCIOS 2025/26 e aboar a cantidade de 20 euros por familia polo primeiro fill@ e 5 euros polos seguintes fill@s.

Nº conta Banco Santander: ES26 0049 0007 2920 1225 2663

TITULAR:  ANPA ARCE DO IESP XOSÉ NEIRA VILAS

Se queredes máis información, contactade connosco en anpaneiravilas@gmail.com

Tódala  información actualizada das novas relativas a nós, sairá publicada na páxina  web do centro no apartado de Anpa (Novas).

ANPA ARCE DO IES PLURILINGUE NEIRA VILAS_Tríptico Informativo

Anímate e forma parte do ANPA. Canto máis unidos estemos, máis podemos lograr!

A xunta directiva.

Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)