Calendario Escolar 2017-2018

Duración do curso académico

  • O curso académico abranguerá desde o 1 de setembro de 2017 ata o 31 de agosto de 2018.
  • Na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2017 ao 21 de xuño de 2018, ambos inclusive.Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade, consonte o establecido no Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. Terán a consideración de días lectivos os dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria.

Reunión cos Pais

  • Reunión Titores-País: O día 10 de outubro para ESO e para Bacharelato.

Avaliacións

  • 17 de outubro: Avaliación Inicial
  • 19-20 de decembro: 1ª Avaliación ESO e 1º de BACH
  • 29 de novembro: 1ª Avaliación 2º BACH
  • 21-22 de marzo: 2ª Avaliación ESO e 1º de BACH
  • 28 de febreiro: 2ª Avaliación 2º de BACH
  • 21 de maio: Avaliación final 2º Bacharelato
  • 22 de xuño: Avaliación final de ESO e 1º de BACH

Períodos de vacacións

  • Nadal, desde o día 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro ambos os dous inclusive.
  • Entroido 12, 13  e 14 de febreiro.
  • Semana Santa, desde o día 26 de marzo ata o día 2 de abril, ambos os dous inclusive.

Días non lectivos

Ademais dos declarados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia son festivos os seguintes:

  • 7 de decembro do 2017 [Día do Ensino]
  • 13 de outubro do 2017 [Día de libre disposición]
  • 18 de maio do 2018 [Día de libre disposición]

Lexislación

ORDE do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/2018 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *