
Arquivo da categoría: Curso Actual
INICIACIÓN Á ESCALADA PARA O ALUMNADO DE 3º E 4º DA ESO
O IES Plurilingüe Neira Vilas desenvolveu durante o mes de xaneiro e marzo, unha actividade de Iniciación á Escalada dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO
A actividade foi organizada polo Departamento de Educación Física e contou coa colaboración do “Club de Montañeros Independientes” (AMI), encargado de impartir as sesións no pavillón de Riazor.
A proposta formativa tivo unha duración total del dúas horas e estruturouse en dúas partes diferenciadas: unha primeira parte teórica, centrada nos fundamentos básicos do montañismo, a seguridade e o uso do material, e unha segunda parte práctica, na que o alumnado puido experimentar a escalada de maneira guiada e segura.
Fogóns poéticos
4 DE MAIO, DÍA NON LECTIVO DO NOSO CENTRO
Segundo se comunicou a toda a comunidade educativa a través de Abalar, a Dirección Territorial autorizou o vindeiros luns, 4 de maio, como día non lectivo de centro, polo que nesa data non haberá clase e o centro permanecerá pechado.
REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O PROGRAMA BACHIBAC
O vindeiro xoves, 30 de abril, ás 18:30 h. terá lugar no Salón de actos do centro unha reunión informativa sobre o programa de dobre titulación Baccalauréat-Bacharelato (Bachibac), que, dentro do sistema de ensino en Galicia, só existe no noso centro. A xuntanza está dirixida prioritariamente ao alumnado e ás familias do alumnado que actualmente cursa 3º e 4º ESO para que aquelas persoas interesadas en incorporarse ao programa en Bacharelato coñezan mellor como funciona, cal é o plan de estudos, que requisitos de acceso existen e outras cuestións de interese.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO (CURSO 2026-2027)
Defensa persoal

Actividad ofertada polo Concello de Oleiros para todo o alumnado de 1º ESO. Realizouse nas instalacións da piscina de Perillo.
Parkour
CALENDARIO DE EXAMES FINAIS DE MATERIAS PENDENTES DA ESO
Indícanse as datas e horas dos exames finais de materias pendentes da ESO, aos que deben presentarse aqueles/as alumnos/as de 2º, 3º e 4º ESO que teñan materias pendentes de cursos anteriores e que non as recuperaron a través dos traballos e probas plantexados polo profesorado correspondente ao longo do curso.
PARTICIPACIÓN DO NOSO ALUMNADO NA III FESTA DO LIBRO NA RÚA

O vindeiro domingo, 26 de abril, ás 13:00 h. un grupo de alumnos e alumnas do noso centro representarán a obra de teatro “Unha tarde con Rosalía de Castro”, como parte das actividades programadas polo Concello de Oleiros no marco da III Festa do libro na rúa. Dita iniciativa terá lugar no Parque José Martí de Santa Cristina. Non a perdades!
