Unha vez máis, o Concello de Oleiros e o Equipo de Normalización e Dinamización da Língua do IES tiveron o pracer de compartir, coa rapazada de 3º ESO, unha xornada coa boca chea de galego. O artista deste encontro foi o escritor e director de teatro Cándido Pazó.
Arquivo da categoría: Actividades
Viaxe ó Courel 1º ESO A
OBRADOIRO DE POESÍA UNIVERSAL CONTEMPORÁNEA
Grazas ao marabilloso labor do persoal de Bibliotecas de Oleiros, o alumnado de 2º de Bacharelato puido asistir o 24 de marzo a un encontro extraordinario coa escritora Yolanda Castaño. Nel, a autora fixo un percorrido polas creacións poéticas universais e escoitamos poemas orixinarios doutras linguas, doutras realidades e doutros espazos que teñen todo a ver connosco e coa creación galega. Así, achegámonos a obras de autoras como Idea Vilariño, Alejandra Pizarnik, Wisława Szymborska, Jose Luís Peixoto, Margaret Atwood, Jorge Luis Borges ou Sharon Olds, entre outras.
1º ESO NO COUREL
ACOLLIDA DO ALUMNADO FRANCÉS DE PÉRENCHIES
GALEGO PARA ADOLESCENTES
Charlas Plan Director
Nestes días dentro do “Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos”, o corpo da Garda Civil de Oleiros impartiron charlas de prevención de diferentes temáticas nos cursos da ESO. En 1º ESO centráronse nas TICS e os seus riscos; en 2º ESO no acoso e ciberacoso escolar; en 3º ESO en drogas e alcol; e en 4º ESO na violencia sobre a muller.
FÍSICA E QUÍMICA OLEIRAS
O día 25 de febreiro o alumnado de 2º curso de ESO desprazouse por grupos e en distintas quendas ao Museo “Os Oleiros” para desenvolver a actividade que relaciona a Física e a Química coa artesanía oleira. Fomos recibidos por Ana Justo que foi a guía explicativa da actividade e fixo que o alumnado viaxase no espacio e no tempo polos materiais e propiedades deste tipo de artesanía.
Rosiña

8 de marzo unha data para non esquecer como fixo a rapazada de 2º ESO compartindo co alumnado a canción de Fillas de Casandra: “Rosiña” , motivados pola profe de Música Sabela, en colaboración co ENDL.

